Hoxe soñei contigo. Outras falan de soños por aí.Eu soñei contigo. Outra vez. Voltabas, de repente, sen avisar e viñas darme un abrazo. Despois camiñabamos por algún sitio, por calquera sitio, coma tantas veces...contábasme historias, coma sempre e rías, tamén coma sempre. E eu era inmensamente feliz, e pensaba, "que non se vaia, que esté aquí sempre". Despertei, non estabas, nunca viñeras pero si que rimos. Moito.
7 Comments:
Xa me gustaría ter soñado algo así, e que eu soñei cun tripado, Caufield.
Por certo, e nunca llo dixen, cando me contaches a razón do teu nome levei unha das maiores sorpresas da miña vida!
:) como dirías ti nunha noite de troula, e como dixo Rosalía, VAMOS BEBENDO!!
(teño gana de festa)
ultimamente falamos todas do mesmo, soños e amor. aiiiiiiiiiiiiiiiii xDD eu tamén teño ganas de festa!
p.d: cando estiven polo mar de pedra esquecéuseme preguntar o do nome. a ver se para a próxima non me pasa.
E agora eu pregúntolle a vostede, Madeleine: por que ese nome?
Caufield, tamén eu soño iso tendo os ollos abertos ...
Madeleine é unha Galatea a causa do amor que sinte polo seu Prometeo, Scottie. Hai dúas Madeleines: a de verdade, a que disfruta compartindo todo cos seus, a investigada e a perseguida; e a segunda, que por temor a ser declarada usurpadora renuncia a saírdes dun espello de por vida, que tamén é investigada pero que conta co respaldo de pertencer a unha realidade paralela. A primeira Madeleine non pode existir, é un atranco; a segunda tampouco, é un incorpóreo.
E todo pola obra e gracia de Alfred Hitchcock
encántame este conto :) precioso, marabilloso (de maxia)
relacionado con todo o anterior, se tomas queixo antes de durmir din que recordas todo o que soñache!bonita historia Madeleine, boa elección de nome tamén :;. Aultre, a ver cando nos dá unha visita e falamos de significados de soños, de nomes (de bares...), oko siga soñando cos ollos abertos, que é ben bonito, o'xirarei, oiga, cando reivindicamos queixo e avante xuntos?¿?Suso ponlle ai uns pinchos!
Sobre os soños:
—Sueña, talismán querido,
sueña mi abeja y su edad;
sueña y si lo he merecido,
sueña mi felicidad.
—Sueña caballos cerreros,
suéñame el viento del sur,
sueña un tiempo de aguaceros
en el valle de la luz.
—Sueña lo que hago y no digo
sueña en plana libertad
sueña que hay días en que vivo
sueña lo que hay que callar.
Coma sempre, Silvio :;
o do queixo é verdade?? jajajjaja é que eu como case sempre queixo na cea. claro, por iso sempre me lembro do que soño!!!
pois nada, que este xoves non teño clase, e eu non me resisto ás invitacións (vai por madeleine) tan boas que estou recibindo ultimamente. a túa incluida! xDD
vaian planificando, que mata a curiosidade por coñecer ao "famoso" Susiño :D
Enviar um comentário
<< Home