Unha vez, nunha excursión, hai xa moito tempo, nun momento había que cruzar unha especie de regato pequeno. Na miña cabeza o regato fíxose un tremendo río, cheo de perigos e imposible de cruzar. Había algo que me bloqueaba o intentar pasar por alí. A ninguén máis lle pasaba. Así que non fun capaz de cruzalo e quedeime nun lado da orilla, con todos berrando no outro. Anos despois, topamos cun regatiño similar, cruzeino. Sen problemas. Pero sen esquecer o medo de antes. Agora, topei con outro, cousa imposible tamén, e esta vez tamén abandono, quedome sen cruzar, ao outro lado, mentres me berran que teño que intentalo, pero, farta e cansada e decidida a utilizar o transporte público para sempre, reafirmo o que xa proclamei o outro día: ABANDONO. Eso sí, graciñas, que sen vós tería sido peor.
E mentres, Simon & Garfunkel cantan "I´m a roooock...."
4 Comments:
xa sabes o que pensamos todos... pero aínda así, fagas o que fagas, querémoste igual...
nonnnnnnnnnnnnnnnnnn!!!! non abandones!!! o sabio é aquel que cae sete veces e érguese oito. ti es desas. convéncete!!! biquis e ánimo!!
cari, eu tamén pensei en abandonar e agora ando por aí, topandome cos tolos que non saben ir polas rotondas. faga caso das palabras de oko, aultre narai e o'xirarei, que teñen moita razón!!!
CAER ESTÁ PERMITIDO, ERGUERSE É OBRIGATORIO!!
Enviar um comentário
<< Home