Final de Layla (outraaa vez)
realidade. Pessoa
Serrat. Canción infantil...para despertar a una paloma morena de tres primaveras (dende que me fun levo con ganas de escoitala). Fiesta
Minha Galera. Manu
Dor. Non na retina. :) Agradecemento polas preocupacións, as visitas que facilitaron a curación. Dor de espalda chunguísimo. Tranquilizantes deses. OIAIOI. Agora só quería facer uns apuntes sobre os estereotipos. Non é que me importe que me metades nunha lista. Non é por iso. O que me cansa (sempre me pasou) é o concepto de estereotipo, de modelo, e si, darme conta de que pode que eu tamén esté dentro dun (jipidelpalo, radical, ...). Non é que me crea especial nin moito menos por ser como son, só dicir que a miña maneira de ser non vai coa miña maneira de vestir. A ver, un estereotipo implica que se ves a unha tipa toda arreglada, vas na túa cabeza e adxudícala a unha determinada ideoloxía, maneira de pensar...e ata sabes se ten can ou no. Vale. Agora ben, se ves a misma tipa toda arrastrada, de repente ¡oh! xa non é unha facha capitalista, agora de repente é unha tipa superconcienciada que se ata os barrotes de calquera edificio no que se dé algún tipo de situación inxusta. ¿É así? Sempre falamos isto no meu piso, porque notamos, coma as miradas da xente son diferentes segundo como vaias vestid@. E iso non está ben. De acordo. Foi o que se fixo sempre. Pero é basura, é só unha norma máis das moitas que nos impoñen e aceptamos coma se foramos parv@s. Resulta que tal ou cual cousa é fea, pero ¡ah! de repente véndese en tódolos escaparates ¡oh! ser jipi está de moda, eso sí, váleche cada cousa nonseicantoseuros (e moitas veces nin sequera cousas bonitas, e moitas vces, nin sequera cousas que lle sirvan a polo menos unha parte importante da xente). Que ben. Que ben que xente que vai a Casas de Campo e cousas así leve uns pantalóns "arrastrados" que lle costaron 50 euros. Que ben. Ai, pero "solo para salir en el Avante, eh". Que triste, creo que estamos creando unha sociedade triste. Non vou dicir que eu estea por riba de nada diso, tampouco o creo. Pero polo menos intento loitar contra todo eso na medida do que podo, por eso me molestan os estereotipos. Unha cousa é o que se mostra, ir vestido, peinado (nonpeinado) ou o que se sexa é unha elección, non algo que se faga de cara os demais, nin para que se xuzque toda una persoa. En fin. Vivan as caras de asco d@s señor@s e d@s non tan señor@s no bus urbano.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home