E dóeme a cabeza. E farteime xa. Supoño que todo ten un límite. Xa. Sorrís e comprendes aínda que falas dos setos. Coñécesme dende hai xa demasiado. Polo demais moi ben. Moi mal. Non me extraña, que ultimamente todos marchan, así que quedarei aquí. Coma sempre, mentres todos se van e volven contando historias de países nos que a cervexa vale (demasiado) barata. Ou pode que me canse do 5, de non desayunar, do 15, das mesmas caras, do mesmo de sempre pero un pouco cambiado, dos sorrisos gastados...do nonasumido...pode. E pode que un día, cando todos estén distraídos marche tamén. Pode. Xa é máis que unha idea vaga, xa é real coma o sabor a viño barato e as rifas que rompiches sen darte conta. Real coma os cans abandonados que corren pola Praza Roxa sen saber a onde. Coma o baño encharcado (outraaaaaaaaa vez). Eu, que non entendía por que marchaban e elas que loitan por entenderme. Eu tamén, porque non son capaz de durmir, porque o meu cuarto parece...xanonsesabe, e porque sen o flexo encendido o sono non aparece. Demasiadas preguntas, poucas respostas e dous días que voltaron estropealo todo, deixalo coma antes.
Que ahi que ir, que xa, que a tal hora, sisi, en fin, "claro tedes que acostumbrarvos", e ris. Moi ben.
"É impresionante o poder desta cidade para volver tola á xente."
"Xa"
4 Comments:
non marches sen arreglar antes as cousas. iso sería fuxir. para adiante sempre, coma os carneiros.
para o resto tampouco é fácil. non é fácil vivir suspirando polo que marchou e facer como se o que che queda non fose suficiente, non valese a pena.
os que marcharon tomaron esa decisión. os que quedamos tomamos esa decisión. mañá, quen sabe que fará cada quen
...
torturarse chorando as ausencias non é modo de superalo. hai que saber vivir co que se ten e saber afrontar as dificultades que van chegando
...
nada máis
Xa o entendín (o que pasa é que foi demasiado tarde). O que me doe é se vos fixen crer aos que estades aquí que me importades menos. Que non sería (nada)certo.
E fuxir parece ser a única saída...aínda que sexa cobarde...
Enviar um comentário
<< Home