Non todo o mundo quere estar aquí. A maioría escapa, si, sobre todo, nun día coma hoxe. Os días coma este son especialmente malos. Uns coa música, a televisión durante horas é tamén un bo método, ou finxirse moi ocupado con mil traballos, darse conta de que non apetece nin facer o primeiro e acabar pasando demasiadas horas diante do ordenador, crendo que estás intentando transmitir algo cando só expresas catro frustacións que pensas lle poden importar a alguén. Abandonas todo por unhas horas e colles ese transporte que xa hai tempo non pisabas, ao final estase ben, 20 minutos, sen os pés na terra.
Resulta que todo o mundo busca como evadirse, logo, e ti non vas ser menos...¿ou si? Hai que ir ver a neniña, aínda que supoña subir ata o quinto inferno, que para eso vén de tan lonxe. Vaia sitio, é pensar que eras a primeira en escapar de aquí e que agora é onde mellor estás. Que cousas...
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home