Por unha parte non quero enfrentamentos, sempre fuxin deles coma algo a evitar, pero certos acontecementos recentes estanme comezando a superar e facendo aparecer a miña cara de Marín ( é decir, violenta xD). Non sei por que certa xente, a cal creo lle ensinei eu a linkear (sen saber pa que era nin pa que deixaba de ser) me agrega nun blog de certo ton dubidoso pero que sen dúbida está en contra do que moitos de nós representamos e do que moitos pensamos que son os blogs e os métodos e obxectivos que se poden seguir en eles. Por agora nada máis, só que non teño vinculación ningunha con eso, e que claro é moi fácil ser anónimos e poñer links doutra xente co seu nome ¿non é? Polo de pronto levo na facultade 5 minutos e xa me preguntaron dúas persoas por eso! ¿Que bonito non? En fin, que vos cunda.
2 Comments:
Gústanos a túa esponxa, caufield, mais ti gústanos moito máis. Esas noites de abril, eses seráns infinitos. Todo fervía coma unha nube de vapor...e ti ben o sabes.
A min tamén me gustades, o que non me gusta é ser coñecida mentres vostedes pasan desapercibidos (e tampouco me gusta a polémica, ben o saben :D)Un saúdo vaporoso
Enviar um comentário
<< Home