Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

13.1.06

¿Que fas cando non queres aceptar o que che impoñen? ¿Que fas se che produce medo un futuro de obligacións, de horarios, de normas e de "traxeselegantes"? ¿Que fas se te ves incapaz? ¿Cando tes mil cousas que facer e non te ves capaz de facer nin a primeira? ¿Cando te superan as circunstancias, cando te negas a aeptar cousas que para tod@s parecen evidentes mentres ti as negas para facer así que desaparezan? ¿Que fas? ¿A quen chamas? ¿Que fas exiliada no mar de pedra cando preferirías ver o outro, o teu, o da viliña a que tes ganas de voltar? ¿Que? Nada, non fas nada, andas dando voltas debaixo da chuva, eso si, esta vez mellor con paraugas, vas ver pelis sobre un tempo pasado pero non do todo arranxado e solucionas problemas de culpabilidade acudindo a ese "magnífico edificio" media hora antes da que deberías? Polo demais bailando medioska e botando catro risas as cousas parecen moito máis fáciles, é certo, así que a ver se se repite. Respirar, aprender dos que saben, meditar, pensar e, con sorte e se veñen as ganas, nadar. Sempre nadar. E patinar. E tomar leite chocolatado enriba dun muro mentres paso o tempo, blu, blu, bluuuu............................................

3 Comments:

At 11:40 da tarde, Blogger xorna said...

ai,cari...;-)

 
At 2:09 da tarde, Blogger oko said...

ás veces facemos as cousas moito máis complicadas do que son. sé positiva e pensa que os tempos millores están apiques de chegar.
ate domingooooooooooooooo

 
At 2:16 da tarde, Blogger min said...

muller, as cousas non son así...., non podes pensar no mañán dunha forma tan global, poque seguro que se che presentasen diante a túa vida de dentro de 40 anos aborreceríala. Os cambios sempre van sendo progresivos, as cousas vanse collendo conforme veñen e prodúcese un proceso de adaptación mutuo, no que se perde, pero tamén se gaña moitísimo. Pensa, que cando comeces coas obrigas, ti xa non serás a mesma, igual que non eres a mesma que cando estabas no instituto, no cole ou no 1º ano de carreira. Nos momentos de saturación, de impotencia, non te agobies, non o mires todo negro, vai dar unha volta, toma un café ou chama a unha amiga coa que facía tempo non falabas. Despois, máis relaxada, vas ver as cousas mellor, un pouquiño máis claras, aínda que soe cursi: con amor e dedicación todo se consegue!!!

 

Enviar um comentário

<< Home