10.2.06
Acerca de mim
- Nome: Caufield
- Localização: Viladomar, Galiza
"Nous ne voulons pas d'un monde où la certitude de ne pas mourir de faim s'échange contre le risque de mourir d'ennui. Non queremos un mundo onde a garantía de non morrer de fame supoña o risco de morrer de aburrimento", din que dicían no 68...
Voaron!
- Hoxe soñei contigo. Outras falan de soños por aí.E...
- Unha vez, nunha excursión, hai xa moito tempo, nun...
- " la mejor vacuna contra la melancolía...."os únic...
- Final de Layla (outraaa vez)realidade. PessoaSerra...
- Vinte no medio de Lisboa e pensei que poucas veces...
- Son días extraños. Nos que nos dopamos a base de d...
- Like a rolling stone (outraaa vez)cena: tableta de...
- ABANDONO
- - So, what's this? A Taster's Choice moment betwee...
- Por unha parte non quero enfrentamentos, sempre fu...
adopta unha mascota virtual! |
11 Comments:
o amor é aquilo que fai que fagas cousas que xamais pensaches facer; boas e malas... o amor sempre nos volve máis guapos. pode cegarnos e deixarnos sós. é físico, pero á vez tampouco o podes tocar... é todo, é nada. aparece e desaparece sen pedirche permiso. se o alimentas ben eu creo que se pode volver inmortal. é un segundo, un suspiro, unha mirada, un olor, unha caricia, un presentimento, un remordemento, unha certaza inexplicable, un sorriso.
é que o amor pode ser tantas cousas...
o Amor é único!!!!!
Moi bem moi bem, coma sempre, graciñas :D poeta!
aínda que madeleine se ría, o amor é falar por teléfono de cousas sen importancia sen decatarte de que xa pasaron 10 minutos, 15 ou 20.
para min o amor é ter a sensación de que é el e ninguén máis, de que che da igual o que pense o resto do mundo, de que queres estar con el aínda que vaia con zapatos rosas ou co pelo tinguido de verde... de que queres estar con el aínda que sexa un ex-presidiario que che saca 30 anos...
obrigada polo de poeta! xD
xornalistiña, ese último parrágrafo chegoume de verdade. a iso chámolle eu escribir coas tripas, xenial!!
o amor non existe. o amor é un estado da mente que nos volve absurdos e irracionais. créanos a necesidade de estar día e noite cunha persoa, de escoitala aínda que non diga nada, de suspirar de tristura cando non está.
o amor é un estado extraño do corpo que nos volve susceptibles e febles.
e é, tamén, unha debilidade do ser humano: necesitamos ser amados, que nos necesiten...
aultre, grazas polo cumprido.
oko, non sei de que me soa iso...
ah! xa me esquecía, o amor é unha droga, unha enfermidade, ás veces incurable...
e agora pregúntovos eu: que foi o máis difícil que fixestes por amor?
sorprendédeme!!!xD
O amor é cantarlle ao´oído das sombras un tema de chavela vargas e ficar en silenzo cun sorriso tatuado nos beizos. Non, o amor é non ser tí mesma, senón ser un e outro maís; o amor é contarlle ás amigas calquera cousa porque saberás marcar nelas un recordo para sempre!
Como que o amor non existe, OKO? Tí es amor, e aultre, e pau, e xornalistiña, e caufield, e tod@as! Eu son Madeleine, son amor ao mesmo tempo.
Existo por amor, aultre, e creo que esa é a peor tolemia que puiden ter feito!!!!
Indo dende o Avante o Maycar sempre me fixo nunha pintada, cerca de Historia. Di: Uno es Todo, Todo es Amor
A filosofía está nas paredes :D
O amor está nas paredes, nas esquinas dos bares e en cada pedra da zona vella. Certamente existe. E dende o comezo dos tempos. E fixéronse cousas malas por el. Certo. E tamén cousas moi boas
uffffffffffffffffffffffffffffffff
que me quedo sen palabras!!!!!!!!!!! xDDDDDDD
é que sodes a hostia!!!
"yo no soy lo que otros aman de min,... yo soy lo que amo"
from Adaptation(el ladrón de orquídeas)
Enviar um comentário
<< Home