Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

25.4.09

sempre

case catro anos despois


moitos moitos momentos de por medio e moitas cousas boas e malas que me trouxo e que non me trouxo, e despedidas e saúdos e mil historias

isto acaba

só agradecemento inmenso os que me visitades, os que me comprendendes

quedan aínda moitas pedras no camiño

30.1.09

diría mentira se dixera que non me encanta este caos


o caos que creamos xuntos


e que o piso sexa unha comuna

cousas por aquí e vinilos dos Clash en vitrinas

e todo ten sentido

9.12.08

e dando voltas aqui e alá ver blogs paxinas rancias acabar buscando no google de pura desesperacion

unha practica de coche que me deixou a espalda chunga dos nervios (demasiado atasco, peaton e pitidos para min)

que dende a despedida deume un baixon de azucar ou de desproteccion e non sei se limpar toda a casa en ataque frenetico ir a ver a Papa Noel sacarlle fotos ou tirarme no sofa a dormir e comer nata brecol queixo

pasta

de momento teño un flickr e ganas de vervos en nadal, moitas

e hoxe ainda queda tarde de mini estres e polo demais preciso organizarme ou non ainda que cousa insolita dende comezos de carreira non collia unha plancha

as peliculas chorras din 3 ou 4 verdades a veces hai que collelas e deixarse de teoria da loxica e non romperse a cabeza

toca escaquearse

tamen para eso fai falta experiencia

30.11.08


ela escribiu un tesouro

15.10.08

BABY





you can never hold back spring

10.10.08

correndo do auditorio a rua nova



28.9.08

levo tanto tempo piando por unha tarde de domingo compostelana...
chegou


a veces non te das conta de canto queres as cousas/momentos/xente ata que non as tes


certo


certo

13.9.08

a falta de nada interesante na rede na tele e demais escribo aquí
porque o traballo está fóra destas catro paredes a veces pero menos mal que cos seus comentarios me alegra a vida
que pereza e que sono esperemos ir despexándonos
tarde a tarde
nonon teño sono bueno si pero tamén resaca e é mentira que esté aínda moña
son todo recursos poéticos, teatrais
o café faime tanto mal e ben que non diferencio, non coma outras obsesións, tragar bágoas
que sempre estés aí para escoitarme
subiremos moitos Anglirus
e todo o que quedará :)

7.9.08

dixenlle e pensábao "hoxe estou contenta, contenta"
por moitas cousas pero entre elas o ben que o pasamos no Bairro, que grande, que grande

deixemos aparte as obsesións persoais, os pozos de barrena e demais empadas mentais :)

ainda que rocemos o caixón aí estivemos e que risas, e que bo todo, os globos e a pedra, festas todos os días, cada día debería ser unha festa

que se aguante o sol e gustaríame mirar a Contador e a Nadal para sempre, son feliz entre deportes
(aínda que pensei que o odiaría moito moito)

a veces pasar de todo, brecol, nata, espaguetis, que máis dá e o colgado do xamón
moza volta da mazá grande que te botamos de menos


que grandes sodes todos, tolos, chalados e como me encanta compartir todotodo

contentacontenta que non se desinflen os ghlobos

tetete intentar cousas que estaban abandonadas, tests, exames, entrevistas que non quero facer, fotos, fotos e fotos

e risas sempre

1.9.08

cada vez entendo menos e son máis feliz

se queredes que sorría cantade a quiniela

que chegou o momento que esperaba que merecen as horas aí dentro metida

a superación definitiva, non non chores máis

e o que quedará pero ahora no

ahora sentarse, cubatas e risas

bailar ata que se poida que estamos acabados
e ordenar ordenar ordenar

reciclaxe non solo emocional permanente


e berrar todo todo todo

21.8.08






gustaríame non quedarme durmida mirándote, Harrison
sei que temos unha deuda pendiente


polo menos ordenei esto que me rodea

preciso voluntarios para cine ao aire e para buscar a alfombra que me caeu pola ventana e aos tres gatiños do bairro que saben andar en fila india



esta casa é hoxe, é cando non estades, menos casa e menos algo


e quitei o que xa sabedes, nova ubicación e quen sabe se última

seguirei ordenando
pensando
meditando
tomando palomitas

10.8.08

aquí, no meu exilio non voluntario miro pelis e canto e obsesiónome con cousas
fago día tras día os mesmos platos

e xa canso da orixinalidade

aprendo

aprendo

e logo caio e aprendo máis

6.8.08


xa paro
pero non o podo evitar
encantábame esta parella




Oh what you gonna do, Katie?
You're a sweet sweet girl
But it's a cruel, cruel world
a cruel, cruel world.

5.8.08

aquí no verán

menos mal que hai quen axuda a non agobiarse pola ausencia (case total) de brisa


con vós
a veces
ata parece que cheira un algo a salitre, a sol e a moreneo, a crema do sol
xelados e ausencia de preocupacións


19.6.08

faloche polo msn, empacho de nocilla


charlas varias e unha sensación coñecida
(dúas sensacións coñecidas)

teño que organizar esta leonera

9.6.08

The ice age is coming, the sun's zooming in...


comezou a soar no Bartolo
entre motxo cervexa e partidas de futbolín futbolo

e de repente

emoción, está máis cerca do que os examesedemais

me deixaban pensar
a volta da esquina


e aínda non mo creo

4.6.08

aprendendo

non me gusta demasiado esta máscara


pero dou golpes, deféndome


defensa propia que se lle vai facer

cousas das circunstancias

28.5.08

...


igual non son moi lista
non, non son demasiado lista
pero sei catro cousas
e sei o recorte que miramos, máis pequenas, de Cartier Bresson
e do instante decisivo
indo pola costa aquela que en Cangas lle chaman a m31

e como empecei a pensar
esto debe ser interesante
e o xornalismo despois
e o vivir para as fotos de ahora
así que xa non necesito consellos, sei o que é


querer a cámara, querer dar voltas
conseguir vivir do que a un lle gusta

e non pegar puñetazos polos cartos

26.5.08

23


gracias a todostodas polas felicitacións

cumplir anos ao voso lado lévase mellor ;)

prometo invitar a uns cacharros cando remate este agobio :D

24.5.08

chove, chove e chove




e cando para...
volve a chover
eu saco fotos, memorizo, esquezo, non fumo, como donuts, penso, choro, río, río a gargalladas, canto, paseo, saco fotos, cargo con libros, tomo cafés que saben mal, súbome a parte de arriba do bar para ver coma o camarero come patatillas, choro, pillo catarros, vou ao Avante, non vou ao avante (quedo fóra, quedo na casa)
boto de menos
canto, paseo, miro OT, como cuscus, como brecol, como bollería industrial, intento non volver fumar
bebo cubatas
escapo da política e de calquera dos seus efectos consecuencias
boto de menos
axúdame Amy


río, escapo, entendo que a vida é filosofía, cancións, v de vendetta, libros, pensamentos, arte, creación, creación

ou polo menos non aspirar a nada máis, que tristes son algunhas persoas e canta amargura gardan no interior
e calo
e saco fotos, dou un paseo, tomo menos cañas e máis empanadillas
e así pasa todo
sen que nos deamos conta

chove, chove e chove máis
e nin o windguru da melloría

25.4.08

feliz 25 de abril





  • Maia: "Mi Comandante, está arrestado; cumplo ordenes del Movimiento de los Capitanes."
  • -Comandante: "¿Qué? ¿Qué está diciendo? ¿En qué lio se está metiendo? Acuerdese capitán que prestó el juramento de fidelidad."
  • -Maia: "Lo sé mi Comandante, pero es al pueblo al que debemos fidelidad."
  • -Comandante: "Su carrera está acabada Maia, su ambición..."
  • -Maia: "¡Mi ambición es llevar este uniforme con dignidad. Soy un militar de carrera mi Comandante, he sido entrenado para obedecer. En Guinea he hecho cosas por la patria que mi conciencia condenaba, pero ahora sé que hay momentos en que la unica solución es desobedecer." [...]

pois eso,
desobedezan

17.4.08


Sunset doesn’t last all evening
A mind can blow those clouds away
After all this, my love is up and must be leaving
It’s not always going to be this grey



e mentres...

London Calling

6.4.08

lixo emocional






non e dificil ordenar os papeles, tirar con esto gardar aquelo

o difícil é loitar contra os recordos, entender que desprenderse das cousas non é esquecer, é só
o camiño cara adiante

11.3.08

:)

"O educador mediocre fala. O bo educador explica. O educador superior demostra. O gran educador inspira"
William Arthur Ward




e xa nada máis que engadir

29.2.08

do abuso do poder

ahora estás aí

pero estiveches aquí, onde estou eu/ti/nós

e seguro que non che gustaba que te criticaran
porque si
pero dábache igual
tiñas ilusión

así que ahora non te enfades por non tela

tes miles de cousas máis

28.2.08

outra vez Desayuno con Diamantes



“Sabes lo que te pasa? ¡No tienes valor! ¡Tienes miedo! Miedo de enfrentarte contigo misma y decir “Está bien la vida es una realidad, las personas se pertenecen las unas a las otras porque es la unica forma de conseguir la verdadera felicidad." Tú te consideras un espíritu libre, un ser salvaje y te asusta la idea de que alguien pueda meterte en una jaula. Bueno nena, ya estás en una jaula, tú misma la has construído y en ella seguirás vayas a donde vayas. Porque no importa a donde huyas siempre acabarás tropezando contigo misma”



marabillosa, coma sempre

7.2.08

enténdote
todo vai ir ben
:)
sen máis

23.1.08

aviso a navegantes

estes días non me fagades moito caso
prometo repoñerme, prometo mañás de pastelitos despois do Ruta, prometo Porrón, Nemenzo, Avante e moitos chistes

pero estes días non están sendo bos

e non sei como explicarvos coma sempre me sacades a flote
e como agradecervos

prometo
...
:)

12.1.08

facerse maiores

el foi el

o rapaz inglés, rubio, de ollos azuis
o rapaz máis guapo que coñecín
que me abrazou aos trece anos cando estabamos xogando ao Monopoly
e eu non entendía a metade do que me contaba pero non me importaba


el


casou

e hoxe vin unha foto da súa boda

31.12.07

Bo 2008

a xente corre, compra, berra (Feliz Ano!, moitas cousas boas!)
e corren
eu felicito saúdo, luces de cores, felicidade, sorrisos, peinados rimbombantes e xente maquillada de noite as dúas da tarde
os comercios vacíos, moitas compras
as estanterías vacías, bocinas pitando e villancicos pola rúa a todo trapo
alégrome dos reencontros e a tristeza é so un atisbo de duda a veces

parece que ninguén quere a revolución (aínda que insistas en que é un concepto vacío)