Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

29.10.06

Nunca fumo dentro de casa
Odio facer a cama e a xente que vai sobrada e cre que (sempresempre) o que eles fan e a súa vida ten máis valor ca dos demais
tampouco a que cre que o que fai ten menos valor que o que fan os demais
todos iguais
encántame o pelo rizo porque supón a afirmación dunha gran sentencia que me mandaron cando pedín unha plancha polos Reis "o teu pelo é así, ti es así e non hai nada máis valioso que alguén que se acepta a si mesmo como é"
e dende esa poucas veces teimo en alisar o pelo
e xan ninguén me di que me queda ben (ante si)
boto de menos en contadas ocasións pero cando me lembro de alguén que quero e non está, xusto nese momento sinto coma se me fora a partir en cachiños
logo queda unha sensación de vacío difícil de explicar
adoro dar voltas pola zona vella de Compostela, soa ou non, fumando ou non, con música nas orellas sempre e pensando que a vida realmente non se debe tomar tan en serio
encántame saír e ler e aprender e tomar algo coma forma de coñecerse, falar e conseguir que as cousas non pesen tanto, coma forma de escapar e de fuxir das paranoias
odio que a xente se enfade por egoísmo e porque non se faga o que ela quere
non me gusta que non nos expliquen de pequenos que a vida ten partes malas e que aprendelo por ti mesmo teña esa mezcla de dor e de algo que, ao final, reconforta
ando desubicada pero onte xa me topei nunha conversa e nuns ollos que brillaban moito
e en ir os tres abrazados rúa arriba, deixando a que ten máis forza en casa para despois continuar ata amiña co filósofo das 4 da mañá, que estaba triste, que me deu un abrazo que parecía que se rompía
e non souben que facer para axudalo
e hoxe cando espertei tiña un vaso no bolso e alegría e pouquiña pena no corazón


Alégrome TANTO de que volveras
mírame e sorrí e os ollos das dúas brillan
moito
sei que o digo pola crema do orujo e o ron pero sei que o penso e o podería dicir perfectamente sen as dúas cousas
"en serio, non te rías, boteite moito de menos"
as cousas que máis se sinten costa decilas e na maior parte dos casos non saen para fóra, pero esta vez si, simple, porque falando de calquera cousa contigo é coma estar sempre en casa

27.10.06


Clase práctica as 9
saín do Ruta as sete e pico
estiven de charla na porta
deiteime as oito
desperteime as oito e vinte
estou que caio
fixen unha mesa en 3D que dá pena
e ademais ando desubicada
aínda que onte a charla e o camiño cara o Maycar serviu de moito
sobre todo certo bocata de (outro dos innumerables) personaxes favoritos da (increíble e surrealista) noite santiaguesa
falar, toparse cuns, con outros, cantar moi alto
cura a alma, e iso sempre vén ben

14.10.06

NOS VOLVEREMOS A VER
Calamaro (sempre necesario)
Nunca hay un adiós total
entre dos ñieris,
en algún lugar del tiempo.
el recuerdo de momentos entrañables,
alegrías y secretos.
Nos volveremos a ver
porque siempre hay un regreso
por eso cuenta con eso pongo mi mano en el fuego
por vos.
Soy un chico de familia
y no soy ningún carlito
viví las tumbas de la vida
soy un poeta maldito
a pesar de ser bonito
nunca dormí en el palito.
Viví las tumbas de la vida
soy un poeta maldito.
Nos volveremos a ver.


Bizcocho. Un xenio. Durmir e durmir e ver cachos de películas cando esperto de vez en cando. As mans hinchadas. Intentei facer filloas. Nada. Catarro. Unha cea a que me encantaría ir. Ficar na casa coas mans cheas de crema. E a foto vai por "mooona", porque me lembrei hoxe do deserto.

13.10.06

La Libertad ( Andrés Calamaro / Gringui Herrera )
Creo que todos buscamos lo mismo
no sabemos muy bien que es ni donde está
oímos hablar de la hermana mas hermosa
que se busca y no se puede encontrar
La conocen los que la perdieron
los que la vieron de cerca, irse muy lejos
y los que la volvieron a encontrar
la conocen los presos,
La libertad
Algunos faloperos,
algunos con problemas de dinero,
porque se despiertan soñándola,
algunos que nacieron en el tiempo equivocado,
la libertad
Todos los marginales del fin del mundo,
esclavos de alguna necesidad,
los que sueñan despiertos,
los que no pueden dormir,
la libertad
Algunos tristemente enamorados
pagando todavía el precio del amor
algunos que no pueden esperar,
y no aguantan más la necesidad
Algunos cautivos de eso, que no saben donde mirar,
tengo algunos hermanos y una hermana muy hermosa, la libertad
Igual que Norberto, me pregunto muchas veces, donde esta?
y no dejo de pensar,
será solamente una palabra,
la hermana hermosa
la libertad

5.10.06

Mi Matadero Clandestino (Los Piratas)

Para Todos Os Que Os Queiran, Para os Fieles
e Para Ti, por Ensinarme que Traballei Onde Empezaron a Ensaiar :D Que Grande