Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

29.10.06

Nunca fumo dentro de casa
Odio facer a cama e a xente que vai sobrada e cre que (sempresempre) o que eles fan e a súa vida ten máis valor ca dos demais
tampouco a que cre que o que fai ten menos valor que o que fan os demais
todos iguais
encántame o pelo rizo porque supón a afirmación dunha gran sentencia que me mandaron cando pedín unha plancha polos Reis "o teu pelo é así, ti es así e non hai nada máis valioso que alguén que se acepta a si mesmo como é"
e dende esa poucas veces teimo en alisar o pelo
e xan ninguén me di que me queda ben (ante si)
boto de menos en contadas ocasións pero cando me lembro de alguén que quero e non está, xusto nese momento sinto coma se me fora a partir en cachiños
logo queda unha sensación de vacío difícil de explicar
adoro dar voltas pola zona vella de Compostela, soa ou non, fumando ou non, con música nas orellas sempre e pensando que a vida realmente non se debe tomar tan en serio
encántame saír e ler e aprender e tomar algo coma forma de coñecerse, falar e conseguir que as cousas non pesen tanto, coma forma de escapar e de fuxir das paranoias
odio que a xente se enfade por egoísmo e porque non se faga o que ela quere
non me gusta que non nos expliquen de pequenos que a vida ten partes malas e que aprendelo por ti mesmo teña esa mezcla de dor e de algo que, ao final, reconforta
ando desubicada pero onte xa me topei nunha conversa e nuns ollos que brillaban moito
e en ir os tres abrazados rúa arriba, deixando a que ten máis forza en casa para despois continuar ata amiña co filósofo das 4 da mañá, que estaba triste, que me deu un abrazo que parecía que se rompía
e non souben que facer para axudalo
e hoxe cando espertei tiña un vaso no bolso e alegría e pouquiña pena no corazón