Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

28.3.07

"Un día o meu avó díxome que hai dous tipos de persoas: as que traballan, e as que buscan o mérito. Díxome que tratara de estar no primeiro grupo: hai menos competencia alí"

facédelle caso, non todo o mundo pode

26.3.07

está sendo todo bastante caótico pero esperemos que saia ben :)

13.3.07


  • "Ola, bela dama. Bonita noite, ¿verdade?
Perdoe a miña intromisión. Só desexaba pasear. Ou quizás disfrutar da vista. Non importa, é hora de que teñamos unha charla.
Ahh... esquecía que non nos presentaron. Non teño nome. Chámeme V.
'Sra. Xustiza, aquí V. V, aquí a Sra. Xustiza.' Ola, señora Xustiza. 'Boas noites, V.'
Xa está, xa nos coñecemos. Son admirador seu dende hai tempo. Oh, sei o que pensa.
'O pobre rapaz está tolo por min...' Síntoo, madame. Non é así en absoluto.
Admirábaa... aínda que a distancia. Mirábaa dende a rúa cando era un rapaz.
Decíalle ao meu pai, '¿Quen é esa dama?' e contestábame, 'É dona xustiza.'E decíalle, '¿Non é bonita?'
Non era só algo físico. Sei que non es desas. Non, amábaa como persoa. Como ideal. Iso foi fai moito. Agora hai alguén máis.
'¿Que? ¡V! ¿Traicionáchesme por unha rameira vaidosa de beizos pintados e sorriso incitante?'
¿Eu? ¡Disinto! ¡Foi a túa infidelidade a que me botou nos seus brazos!
¡Ah-ha! Sorprendinte, ¿eh? Pensabas que non sabía o teu. Pois seino. ¡Seino todo! Non me sorprendeu. Sempre che gustaron os uniformes.
'¿Uniformes? Non sei de que me falas. Ti sempre fuches o único, V...'
¡Mentirosa! ¡Zorra! ¡Rameira! ¿Negas que te lanzaches aos seus brazos e as súas botas?
¿Comeuche a lingua o gato? Iso parece.
Mostrácheste por fin. Xa non es a miña xustiza. Agora es a súa xustiza. Deitácheste con outro. ¡Dous poden xogar a ese xogo!
'¡Sniff! ¿Q-Quen é ela, V? ¿Como se chama?'
Chámase Anarquía. ¡E tenme ensinado máis ca ti coma muller!
Ensinoume que a xustiza é inútil sen liberdade. É honesta. Non fai promesas nen as rompe coma ti Jezabel.
Preguntábame por que non me mirabas aos ollos. Agora seino.
Adeus, querida. Entristeceríame pola nosa separación, pero xa non es a muller que amaba. Aquí tes un regalo final.
[V coloca unha caixa de regalo, fai unha reverencia e vaise. Prodúcese unha xigantesca explosión]
As chamas da liberdade, que fermosas. Ahh, a miña preciosa Anarquía... ata agora non coñecía a túa beleza"
  • Monólogo de V coa estatua da Xustiza do Old Bailey de Londres.

12.3.07


Hoxe cheira a instituto e todo indica que para o ano vou volver...

case case seguro que nos podemos botar unhas risas voltando a horario de mañá, recreo e demais

e que ben sentaba poder saír no recreo, supoño que nos sentíamos moi maiores e era o que nos gustaba, non sei, aquela media hora sen facer nada dando voltas arredor do instituto era o mellor do día. Porque éramos medio libres, ou de todo seguramente e poucas veces a sensación de liberdade nos costou tan pouco. Agora é moi diferente pero tampouco hai tanto que nos adicábamos a preguntarlle a xente polos bares cando estábamos ao lado. Parecíanos moi gracioso. E sempre había quen daba mal as indicacións.

Etiquetas: