Hoxe cheira a instituto e todo indica que para o ano vou volver...
case case seguro que nos podemos botar unhas risas voltando a horario de mañá, recreo e demais
e que ben sentaba poder saír no recreo, supoño que nos sentíamos moi maiores e era o que nos gustaba, non sei, aquela media hora sen facer nada dando voltas arredor do instituto era o mellor do día. Porque éramos medio libres, ou de todo seguramente e poucas veces a sensación de liberdade nos costou tan pouco. Agora é moi diferente pero tampouco hai tanto que nos adicábamos a preguntarlle a xente polos bares cando estábamos ao lado. Parecíanos moi gracioso. E sempre había quen daba mal as indicacións.
Etiquetas: cole
1 Comments:
boas miña naiciña!!!
si que foron bos tempos no instituto ^^
eses recreos tan desexados nas horas interminables de clases dadas por profesores carismaticos xD
que ben o pasabamos nos recreos curtos pero cheos de liberdade...
un bikiño e unha aperta moi forte miña naiciña ^3^
Enviar um comentário
<< Home