Nadal
este debería ser un post sobre o peche pero non, non podo explicar o arrepío ao pasar hoxe pola mañá polas Orfas e a sensación de colocar o candado e tirar das portas con forza e saber que se acabou
polo demais
marabilloso
pola contra, despois do mal trago, hoxe fun cargada de bolsas, estiven empaquetando regaliños e en casa cheira a cheminea e puxen o mítico vinilo de cando eramos pequenos e cantabamos os villancicos
e (por fin) escoitei Simon & Garfunkel (outra vez)
e as cousas están máis ou menos ben aínda que algunhas vaian realmente mal
e a xente pola rúa sorrí (a veces) e as cousas non parecen tan malas (a veces)
4 Comments:
sinto o de simon & garfunkel. pero pensa que se non che désemos a vara, non seriamos nós.
as cousas van ben e mal, si. teremos que facer un propósito de enmenda para o novo ano
Bo Nadal :)
Eu debo de ser das poucas que pensa que o Nadal sempre ten cousas boas.
Un dos meus regalos de Nadal (aparte de dúas noites antolóxicas, unha delas compostelá e que vostede tamén recordará, aídna que só sexa en parte): encontro en lugar tan característico como é un vestiario dunha piscina pública con persoeiro. Tags: o meu bar, 2'50€, pechado, hostia.
É o momento de lembrar que fomos felices (tamén ás veces) e construír castelos de aire e medo.
Para non facernos maiores.
Para seguir rindo por nada.
Para camiñar de volta a casa, borrachas, nunha desas conversas que te deixan baleira e te enchen por dentro.
Para que Compostela empece a desatarsenos da alma e nos deixe voar lonxe, ben lonxe...
Enviar um comentário
<< Home