Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

6.12.06



elexir

a árbore das carreiras que está cando entras no Obradoiro

escoller e equivocarse porque esa é a base de escoller

o pouco/moito que me importan as cousas cando finxo que me importan (non) e se digo que non me importa algo é que non paro de pensar niso todo o día

a veces é así

e o que me costan as cousas a veces e é entón cando preciso dun empuxón, en forma de abrazo, de berro, de chamada

do que sexa

e entón sucede, e marco un número bastante esquecido que non parei de teclear en cabinas

só para ver que é da súa vida e que andan a facer ( e cando as podo volver ver)

espero que pronto, temos historias que contar