deixoume o ordenador, estase duchando e algo me dixo sobre a onde íamos ir
ten todo en italiano, é a primeira vez que escribo un post nesta lingua bonitaaa
tireille todo o té por riba do ordenador pero rimos coma sempre
a outra fuxiu a primeira hora despois dunha chamada dun alto responsábel
ao despertar puxemos Calamaro e tumbada enriba da cama respirei
toquei coa punta dos dedos a felicidade
e gustoume
xa saíu e está secando o pelo, cheira coma na casa, a peluquería, xunto co dos garaxes e o do mar, dos mellores cheiros do mundo
mollar os pés na fonte, diversas aventuras, "ti ti vas a clase de batuka conmigo", eres túuuuuuu, e as cancións de Disney ou cotillear do pueblo
quedarse pillados alertando as palomas de que veñen os coches e ollando a torre esa que plantaron na zona vella "é perfecta :)"
porque ultimamente a vida é fuxir de toda responsabilidade posible (supostamente para adoptalo como modo de vida permanente ou non)
pasear, falar e pasear
e agora soa O tren e só temos ganas de bailar e bailar
2 Comments:
non sabes a envexa que che teño
Si, normal. Case dúas semanas despois, preparada novamente para vagar e divagar sobre a pedra herdeira de tantos pensamentos e esmorgas que chegaron antes que nós. Se cadra aínda un pouco feble, pero supurando endorfinas e cousas varias da ciencia, das que non veñen en tabletas nin botes brancos de rosca como todos os que vin estes días. Outra vez aquí. Todos e os que aínda quedan por participar. Se iso, un pouco máis de vagar, e no canto de ir ver a Isa imos a comprar catuxas lindas, pero imos, non?
Enviar um comentário
<< Home