"A chuva non mata"
sentenciaches un día e corriches moito tempo debaixo dela. E eu? Fun detrás, sempre, coidando que o mellor que podía facer naquela tarde horrible era seguirte. Agora case non teño a quen perseguir e non sei o camiño correcto, se cadra é imposible que exista un camiño correcto, polo que ao parecer e, por segunda vez, ante non saber que facer, escollo Compostela. E esperemos que ben. Ou ben e mal, pero sempre, sempre todo ben, :)
no Malas Pulgas decateime de canto vos botaba de menos (e na cena as seis da mañá de onte e hoxe co café ¿licor café? e, e, ....)
no metro non chove, aínda que nos equivocáramos (triste) e teño que cambiar xa os calcetíns. Corrín soa debaixo da chuva e teño os pés pingando. Vou aí a ver se me axudan :)
Etiquetas: chuva
1 Comments:
Voute visitar, e non importa que esteas ben ou esteas mal. Non importa nin se kera que chova.
Enviar um comentário
<< Home