O comezo do fin (suponse)
cren vostedes no destino? e en que o tempo pasa tan rápido que a veces nin te decatas? Un dos primeiros días de clase, unha persoa diferente a que escribe isto e a mesma á vez, tivo que escribir unhas definicións na parte de atrás dunha clase na que non se collía da xente que había.
Escribiunas e, ao acabar a clase, escapou correndo ata que chegou ao Obradoiro chorando. Sentía que aquilo non era o seu pero, decidiu que, dalgunha maneira, había que seguir, que lle gustaba demasiado coma para deixalo. E, dende esa houbo tristezas e alegrías e golpes duros e felicidade inmensa. E coñeceu a mellor tropa de amigos que calquera pode imaxinar. Cal é o momento xusto no que te decatas de que non poderías adicarte a ningunha outra cousa no mundo?
"creamos realidades", somos un pouco escritores, magos, poetas, o que sexa. Aprendemos e describimos ao mundo, a veces saénos ben, outras mal, a veces temos demasiada información, outras non sabemos de onde sacala
esa rapaza, da que falei máis arriba, quedou nese edificio blanco e agora ten un pé dentro e outro fóra, alegría por todo o vivido e, coma cantaba Manu, unha infinita tristeza que espera pase pronto
un honor compartir estes catro anos con todos vós, compartiremos moitos momentos máis. Seguro
6 Comments:
Pero non sempre nos podemos quedar no pasado, neses recordos de atrás, tamén debemos mirar ao futuro dunha maneira positiva, sin triteza porque todo o que tes na memoria ninguén poderá quitarcho. Súdos
E tantos máis princesa do acto. Séntalle ben a manicura, a peluquería e a maquillaxe, pero o que mellor lle senta é como é vostede por dentro. QUéroa!bikos babuina
sempre ti, meniña. eu non xconsigo lembrar cando te coñecín, porque parece que te coñezo dende sempre...
e canto queda, dios mio, canto queda...
eu si que me lembro! era a xela esa que dicían que sacara unha media de 10 en cou e selectivo! e que fora a un campamento comigo!
ai que ver...
bueno, eu agardo compartir máis momentos contigo, inda que non nos queramos ver... xP
quérote rulaaa
oxalá quede a eternidade...
seguro.
Enviar um comentário
<< Home