As lilas son máis bonitas en Abril (e os cravos vermellos :D)
As cousas andan así e, se non camb¡aron en catro anos, seguirán así supoño
só de vez en cando sopla un pouco de aire fresco
unha idea novidosa e entón parece que se abren as fiestras que non hai neste edificio blanco
"Pero este paréceme o aspecto máis tráxico da condición humana: ter necesidade dunha autoridade que goberne, dun xefe; a única cousa segura é que non se pode controlar e que mata a túa liberdade. Peor: é a máis amarga demostración de que a liberdade non existe en absoluto, non existiu nunca e non pode existir. Aínda que hai que comportarse como se existira e buscala. Coste o que coste"
Oriana Fallaci
e a sensación de pasar toda a vida buscando esa frase e o momento no que a lin concretos
e unha enorme felicidade no tren de volta
e en xeral
3 Comments:
oriana fallaci quería esa liberdade para hoxe chamar parvas ás mulleres árabes que levan hiyab contra occidente, simplificando, e para esixir que non se permita a invasión de europa polos musulmáns. bonita evolución.
liberdade non é nada, sen contidos. un espazo por encher.
construción colectiva ou miseria!!
feliz 25 de abril.
(hoxe o 25 de abril parece tan lonxe...)
todo o mundo ten dereito (e máis a xente tan brillante) a que, simplemente, se lles vaia a pinza :)
e non por iso deixan de ser brillantes, noraboa pola terceira!
bo 25 de abril si, e non que vai estar lonxe, está a volta da esquina ou na fiestra que non podo ver sen acordarme de vostede asomada por ela :)
Enviar um comentário
<< Home