25.6.06
igual extraño aquelas noites de San Xoán de ver estrelas, correr pola praia, bañarse no mar e prender fogueiras con licores extraños
nas que non había que preocuparse por prácticas, por saturacións e demais
aínda que andar pola pedra con algunha xentiña, e ter experiencias surrealistas en algún que outro karaoke merecesen a pena
coma o concerto que serviu realmente para revivir
ou as comidas improvisadas e o café que serven para esquecer as horas sen saber que facer na Quintana, coidando que todos teñen algo que facer e que eu son un boneco, o que parece lle falta corda e ganas, colocada alí sen saber ben por que, sempre sen saber ben por que
19.6.06
ultimamente Compostela ofrece surrealismo, risas e choros a partes iguais
e estou contenta
teño unha planta da praza de Galicia na terraza da miña casa, un cartel das obras, un tubo e un andamio de non sei cantos metros
os obreros páseanse por casa e creo que vou comezar a invitalos a café, cerveza ou algo
semella que ando topando o meu sitio (asústame)
semella que as cousas cambiaron (e cambiamos tanto) que tamén me asusta
aínda que equivocarse segue sendo unha constante
14.6.06
e como escoitar a Tom dicindo whiskey
todo parece perfecto
aínda que cada vez esté máis lonxe de selo
sempre podemos sorrir, camiñar e dicir que todo vai ben para que, a forza de repetilo, consigamos convencernos de que é certo
2.6.06
Sentiam
A nostalgia do fado
Na minha voz
Pouco amorosa mas quente;
-Numa lágrima,
Dizia,
O meu passado e o meu presente.
António Botto
E hoxe soñei con fados, con Maria Severa e con avións. E con entrevistas e páxinas web que saían mal.
1.6.06
moito agobio
cafés con xeo que prestan
(sobre todo cando che traen os azucarillos empapados)
e tardes de rallarse sen saber a onde iremos, onde acaberemos...
supoño que ben está o que ben acaba, así que a ver...
para un momento no que me conecto (sen ter que ver con traballar) topo unha boa nova no correo e unha mala (que prefiro non mencionar aquí, semella que pola rede hai xente sen vida propia...)