igual extraño aquelas noites de San Xoán de ver estrelas, correr pola praia, bañarse no mar e prender fogueiras con licores extraños
nas que non había que preocuparse por prácticas, por saturacións e demais
aínda que andar pola pedra con algunha xentiña, e ter experiencias surrealistas en algún que outro karaoke merecesen a pena
coma o concerto que serviu realmente para revivir
ou as comidas improvisadas e o café que serven para esquecer as horas sen saber que facer na Quintana, coidando que todos teñen algo que facer e que eu son un boneco, o que parece lle falta corda e ganas, colocada alí sen saber ben por que, sempre sen saber ben por que
2 Comments:
eu quero que estés ben, e o quero todos os días! Para algo estamos todas acá, se hai calquera rollo, se hai que pegarlle a alguén... iso!
Xa sabes que estamos aqui para caer dos taburetes as veces que faga falta. A unión fai a forza ;)xa sabes de que falo...
Enviar um comentário
<< Home