27.5.06
na cestiña da noria, o día da festa grande
coa cidade correndo de luces baixo os nosos pés,
un bico que estremeza
todos os equilibrios
iso quería
polo meu aniversario
Crónica dos 21
como non sabía ben que escribir decidinme a colgar momentos
que son os que me gusta gardar nun recunchiño do corazón
grazs por estes días magníficos, por estas e tantas outras cousas, pola cea na terraza, polos momentos no concerto, por tumbarse rodeadas de botellas no campus sur cantándolle ao aire (e de repente fóronse as nubes e apareceron as estrelas), por ver no meu reloxo e preguntar ¿xa é a hora? e despois tirarse enriba :D, polos abrazos, pola orquesta, polos bailes, polo Bob Esponja, por distraerme, por esas cancións populares de camiño ao Burgo, polas rosas, polo roooooooon, polas firmas, polo stock, por presentarme como "estaéaquechechamaba chondochondo", polas conversas nas escaleiras de Ruta, polo medio cubata
pola bolsa de risketos, por voltar entrar contigo aí
porque me viñeras buscar e acabaramos trompas collendo un bus as 6 da tarde
polo cheesecake que rematei no bus
polas bandas de aniversario e porque estando todos tirados alí na herba, medio queimados (polo soool e polo orujo) comprendín (outra vez) que non toparía sitio mellor no mundo enteiro para celebrar os 21, polas mensaxes, as chamadas, as felicitacións en directo e todo o demais
23.5.06
e descubres un día que non os coñeces en absoluto
o problema e se tampouco tes quen te coñeza de verdade
e vai achegándose o 21
e a miña única preocupación vén sendo que iso non pase
teño sorte :)
teño a quen mirar os ollos (gzs frl)
e notar que me coñecen...
seguimos tendo as cancións, os momentos, as risas, O TELÉFONO!!!
20.5.06
16.5.06
Compostela
A sensación de vértigo foi impresionante. De súpeto pasaron por diante miña tres anos a velocidade da luz. E, coma sempre, do que te lembras son das tonterías, dos detalles insignificantes. De ir despedirse do mar antes de marchar. Da viaxe en coche e da sensación tan rara que tiveches cando te viches soa ante algo descoñecido. Do normal que é todo agora, do primeiro día da residencia, de case perder o tren un día que fumos facer un traballo a Coruña.
Dos días de non dormir por estar no salón sen facer nada, de mercar licor de mora para facer mocho na casa.
De estar case sobando no sofá e te chamen e ir ata a faculdade e acabar facendo un traballo ata as mil. Da primeira vez que nos deron cartos para Faneca Brava. A primeira vez que nos tiramos no Obradoiro, parecía que a Catedral nos ía caer enriba...botar likorcafé en botellas de plástico...
Aquelas ceas na Quintana e cando certa personaxe me deu un tenedor, chegar a residencia as tres da mañá e que non me deixaran ir durmir (acabar despois no Buho), a primeira vez que falas na radio ou que fas unha entrevista na tele (seguir pensando que se me dan fatal, e dánseme fatal) as entrevistas en xeral, cando sintes que dá igual, que non poderías cambiar isto por nada do mundo, porque é o que che gustaría seguir facendo sempre.
Tirarse pola Quintana, tomar o sol na terraza intentando liar cigarros, facer platos de comida tremendamente complicados e as ceas e comidas que acaban con pastelitos ou helado. Tantas cousas...as festas no Burgo e ese camiño de ida que semella cortísimo. Berrar e cantar. Agobiarse no Maycar. Coñecer a personaxes increíbles. Poñerlle motes a todo o que se move e facer bromas estúpidas. O Franco antes de saír, cando hai pouca xente e todo parece ata máxico.
Comprobar que aínda nos quedan bares que coñecer, quedar as nove e media para tomar algo e acabar as tres bebendo licor café. Tódalas rúas de Compostela. O primeiro día que chegamos, preguntamos onde quedaba a Catedral na Praza de Galicia!, e quedamos en Platerías...(vivindo todas na zona nova)
Ir ao Bingo e que nos toque línea, tomar ovos de codorniz, coñecer e imitar (e querer) a personaxes ilustres da noite (e non da tan noite) compostelá, as charlas, os concertos, que nos pregunten de exposicións das que non temos idea...
as películas, as risas, O "Tomarlle Algo", os paseos, tomar bocadillos cando fumos buscar cartos e pingar toda a Quintana, pedirlle cartos a Vences! (que non nolos deu), sentarse na fila de atrás e intentar facer o que se poida, exclamar ¡eu son xornalista! aínda que non o creas de todo, o teatro, o cabaret, as manifas, tantas cousas...
e aínda TODO o que nos Queda Por Diante.
Cando cheguei aquí dixéronme que sabes que pasaches tempo en Compostela cando o comezo ías a bares que xa pecharon. E cando pasas por sitios e dis "aquí vivía fulanito" e cando comezaches a estudar con xente que xa se licenciou. Pasou todo. É certo, xa levamos tempo aquí. Tres anos. E o que queda.
15.5.06
"Apura o tempo e todo volve ao seu
Pasaron carros polo camiño real;
quenceu o viño polas túas cepas.
Dende que ti te fuche fixo máis frío logo.
Fun logo máis cativa e máis cobarde."
Estacións ao mar
11.5.06
5.5.06
CONTENTA E TRISTE
:D
Demasiado tempo sen vós, menos mal que ides voltar pronto e continuar coas aventuras ...
eu ando aquí, xa sabedes
(que marabillosa sorpresa no Visionado 1, case un soño :P)
2.5.06
1.5.06
...se viñeran falando no tren coa súa conciencia dende Compostela e esta lles dixera que non podían seguir esquivando temas cos que levaban loitando tempo ata ¿facelos? desaparecer?
se é que realmente desapareceran?
despois de moitas longas noites, de reflexións e de crer entendelo todo volvemos ó comezo
e, síntoo conciencia, fuches das poucas que me entendiches pero (coma sempre) non son capaz de seguir os consellos. Decido ignorar, esquecer, aínda que sen dúbida non é o mellor
volvo a perderme pola pedra...
"Nunca trates de enseñar a un cerdo a cantar. Perderás tu tiempo y fastidiarás al cerdo."