Compostela
Por un lado semella que se achega o final. Pero non. O outro día, vendo as orlas, alguén comentou ¡dentro de pouco vas estar ti aí!
A sensación de vértigo foi impresionante. De súpeto pasaron por diante miña tres anos a velocidade da luz. E, coma sempre, do que te lembras son das tonterías, dos detalles insignificantes. De ir despedirse do mar antes de marchar. Da viaxe en coche e da sensación tan rara que tiveches cando te viches soa ante algo descoñecido. Do normal que é todo agora, do primeiro día da residencia, de case perder o tren un día que fumos facer un traballo a Coruña.
Dos días de non dormir por estar no salón sen facer nada, de mercar licor de mora para facer mocho na casa.
De estar case sobando no sofá e te chamen e ir ata a faculdade e acabar facendo un traballo ata as mil. Da primeira vez que nos deron cartos para Faneca Brava. A primeira vez que nos tiramos no Obradoiro, parecía que a Catedral nos ía caer enriba...botar likorcafé en botellas de plástico...
Aquelas ceas na Quintana e cando certa personaxe me deu un tenedor, chegar a residencia as tres da mañá e que non me deixaran ir durmir (acabar despois no Buho), a primeira vez que falas na radio ou que fas unha entrevista na tele (seguir pensando que se me dan fatal, e dánseme fatal) as entrevistas en xeral, cando sintes que dá igual, que non poderías cambiar isto por nada do mundo, porque é o que che gustaría seguir facendo sempre.
Tirarse pola Quintana, tomar o sol na terraza intentando liar cigarros, facer platos de comida tremendamente complicados e as ceas e comidas que acaban con pastelitos ou helado. Tantas cousas...as festas no Burgo e ese camiño de ida que semella cortísimo. Berrar e cantar. Agobiarse no Maycar. Coñecer a personaxes increíbles. Poñerlle motes a todo o que se move e facer bromas estúpidas. O Franco antes de saír, cando hai pouca xente e todo parece ata máxico.
Comprobar que aínda nos quedan bares que coñecer, quedar as nove e media para tomar algo e acabar as tres bebendo licor café. Tódalas rúas de Compostela. O primeiro día que chegamos, preguntamos onde quedaba a Catedral na Praza de Galicia!, e quedamos en Platerías...(vivindo todas na zona nova)
Ir ao Bingo e que nos toque línea, tomar ovos de codorniz, coñecer e imitar (e querer) a personaxes ilustres da noite (e non da tan noite) compostelá, as charlas, os concertos, que nos pregunten de exposicións das que non temos idea...
as películas, as risas, O "Tomarlle Algo", os paseos, tomar bocadillos cando fumos buscar cartos e pingar toda a Quintana, pedirlle cartos a Vences! (que non nolos deu), sentarse na fila de atrás e intentar facer o que se poida, exclamar ¡eu son xornalista! aínda que non o creas de todo, o teatro, o cabaret, as manifas, tantas cousas...
e aínda TODO o que nos Queda Por Diante.
Cando cheguei aquí dixéronme que sabes que pasaches tempo en Compostela cando o comezo ías a bares que xa pecharon. E cando pasas por sitios e dis "aquí vivía fulanito" e cando comezaches a estudar con xente que xa se licenciou. Pasou todo. É certo, xa levamos tempo aquí. Tres anos. E o que queda.

4 Comments:
ai,nena! xa anda eu un pouco triste e ler isto púxome ñoña, noña... intenta consolarte coma min co conto de que aínda nos queda un año antes de que isto remate...
Ai... encantoume ler e lembrar cousas.
:')))
bágoas pero de estar contenta
de ter compartido tantas cousas,
de compartilas contigo!
sigo na Illa e estou a ver ao BarÇa na tele de Quen, mentres bebo cervexa e como Pringles :)
e Barbi e Quen (si, como os bonecos.......) traballan eu rebusco nos vosos blogs...
muitos beijos
dios, canto nos queda por facer e que pouco tempo!!!
(agardo poder facer o que me queda contigo convosco!!!)
Se vale a pena
é por vostedes
unha reverencia para todos
Enviar um comentário
<< Home