Supoño que as cousas que che contan pódenche afectar ou non, poden pasar por enriba túa ou quedarche dentro. Supoño. Nas túas palabras había razón pero tamén rabia de emocións contidas durante demasiado tempo. Supoño. Coma nas miñas. A túa historia deume que pensar, loita polo que queres, loita se a queres. Ou ao mellor non é esa a solución, si, pode que o mellor sexa esquecerse e facer que "no pasa nada..."
2.3.06
Acerca de mim
- Nome: Caufield
- Localização: Viladomar, Galiza
"Nous ne voulons pas d'un monde où la certitude de ne pas mourir de faim s'échange contre le risque de mourir d'ennui. Non queremos un mundo onde a garantía de non morrer de fame supoña o risco de morrer de aburrimento", din que dicían no 68...
Voaron!
- Volveremos a vernos pronto, meus amores
- Cheguei e parece que veño doutra galaxia, foron po...
- Tanto teño aprendido...e non seiNADADío ela coa sú...
- Non fixo ningún Yesterdaypero si Octopus Garden
- A veces fas cousas pensando só en ti. Despois pode...
- Discutindo pola tarde na cafetería do campus sur c...
- Hoxe soñei contigo. Outras falan de soños por aí.E...
- Unha vez, nunha excursión, hai xa moito tempo, nun...
- " la mejor vacuna contra la melancolía...."os únic...
adopta unha mascota virtual! |
1 Comments:
Estaba xusto ao meu carón cando te lin. Mirábame, coma sempre, pensando que eu non me enteraba. Observaba a pantalla de reollo. Que ganas meterlle o ordenador diante dos morros: "É para ti, así deixa de disimular que só te enganas a ti mesma". Non se entera porque non quere. E logo vaise. e a min dáme igual. Tan preto e tan lonxe. Loitar, e suspiro. Non me merece a pena, o que me digan os seus ollos hamo negar cos beizos. Díxenllo tantas veces, de tantas formas que xa perdín a miña dignidade. Díxenlle que a quería, Para que?? Rabia silenciosa, non te preocupes, xa aprendín a vivir con ela, polo menos non me engana. Mellor esquecer, mellor soa. Mellor mirar cara adiante. Isto é complicado. Quizais só sexan películas miñas. O peor é non saber que debo facer, se tomei a decisión adecuada... polo menos a min nunca virá a visitarme o arrepentimento...
Mil abrazos por escoitarme.
Enviar um comentário
<< Home