26.4.07
25.4.07
25 de Abril
lembreime da señora que vendía bonecos e pinipons enriba dunha manta en Lisboa
creo que nunca vin un mercado tan grande
e pareceume unha das persoas máis sabias (ou a que máis) que coñecín nunca
dáme pena non acordarme da conversación, aínda que foran catro tonterías
nos seus ollos estaba abril, non noutras cousas
e, mentres haxa xente coa que nos dea pena non recordar as conversacións
abril existirá sempre
23.4.07
As lilas son máis bonitas en Abril (e os cravos vermellos :D)
As cousas andan así e, se non camb¡aron en catro anos, seguirán así supoño
só de vez en cando sopla un pouco de aire fresco
unha idea novidosa e entón parece que se abren as fiestras que non hai neste edificio blanco
"Pero este paréceme o aspecto máis tráxico da condición humana: ter necesidade dunha autoridade que goberne, dun xefe; a única cousa segura é que non se pode controlar e que mata a túa liberdade. Peor: é a máis amarga demostración de que a liberdade non existe en absoluto, non existiu nunca e non pode existir. Aínda que hai que comportarse como se existira e buscala. Coste o que coste"
Oriana Fallaci
e a sensación de pasar toda a vida buscando esa frase e o momento no que a lin concretos
e unha enorme felicidade no tren de volta
e en xeral
19.4.07
Non temos problemas, só "problemillas" e cada persoa vai tecendo a súa vida, chocando coa dos demais (a veces chocando demasiado :D), onte a Quintana estaba ben bonita, lembroume ao ano pasado e salvoume bastante
que a vida son momentos
coma falar da Maga e de Cortázar ou de viaxes ou do que sexa e deixar que pase o tempo, despaciño, entre os dedos, entre risas e tragos de motxo de fresa ou mora
segundo a ocasión
e, sobre todo, respirar moito aire fresco, bo tempo e pouco máis, involucrarse pouco en segundo que cousas e comezar (se é posible) a deixar pasar, a que non importen demasiado as cousas
que non temos problemas
só problemillas
e, só así en xeral, hai moita marabilla por aí solta