Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

22.2.07


"A chuva non mata"
sentenciaches un día e corriches moito tempo debaixo dela. E eu? Fun detrás, sempre, coidando que o mellor que podía facer naquela tarde horrible era seguirte. Agora case non teño a quen perseguir e non sei o camiño correcto, se cadra é imposible que exista un camiño correcto, polo que ao parecer e, por segunda vez, ante non saber que facer, escollo Compostela. E esperemos que ben. Ou ben e mal, pero sempre, sempre todo ben, :)

no Malas Pulgas decateime de canto vos botaba de menos (e na cena as seis da mañá de onte e hoxe co café ¿licor café? e, e, ....)

no metro non chove, aínda que nos equivocáramos (triste) e teño que cambiar xa os calcetíns. Corrín soa debaixo da chuva e teño os pés pingando. Vou a ver se me axudan :)

Etiquetas:

20.2.07

é brillante e chove e rimos e choramos e vivimos e pasámolomalben pero por encima de todo ben, e mereceron a pena o reenganche e as horas de tren porque ía en busca de tres abrazos e de moitas aventuras e topeinos, ademais de gofres cun chocolate inmellorable, kebabs e pizzas que sentan mal e que nos regalen camisetas nun bar
e entender as cousas, a vida e conversas infinitas que serven para arranxar todo por dentro
e vimos o mar, e temos moitas servilletas :)
e sempre se agradece
todo
e nunca se agradece
o suficiente

13.2.07

Dudas, medos, cambios, seguridade e unha casecasecerteza
Bilbo, a nena dos ollos máis brillantes do mundo, recuperar ilusións
aventuras e o
Corazón en venta

7.2.07


As súas paredes foron testigo de centos de horas. Do que xa pasou e do noso, das risas, reflexións, estudo, bágoas e de novo risas. Ralladas porque xa non quedaba tempo e entón íamos pasear e repasar pola Quintana. Horas pola noite aí metidos e baixar e rir fóra de calquera cousa mentres tremíamos co frío. Era só polos nervios. Decidir de repente ir a tomar algo, onde fóra, porque a cabeza non daba máis. Agora deciden pechala os fins de semana e polas noites. E suponse que temos que calar, que nos vale calquera cousa. Non nos dan importancia. Case nunca. E é aí xusto onde comeza todo o problema.
Pero aí están. A esperanza de que na universidade segue habendo xente que pensa. Como mínimo. E non meros autómatas que collen todo o que lles dan e non protestan cando lles quitan algo que é tan seu. Non é por non ter as noites e os fins de semana. E porque cada vez, dentro da universidade, dáselle menos importancia ao que debería ser unha das cousas que máis a tiveran: os estudantes.
E menos mal que queda xente con ideas
Menos Mal

1.2.07

Onte estivemos en París
non o de verdade, coma ela, pero case


....................


só milmillónsdegracias
quédanos o final, non esquezas