Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

30.8.06


Unha chamada, unha voz que xa non soa igual que hai anos, ¿coma pasa tan rápido o tempo e non nos decatamos?
estar aquí supón toparse días tras día con recordos do pasado
a voz do teléfono recórdame unha promesa que fixemos moito tempo atrás: "¿non te lembras? Prometimos vivir xuntas, nunha casa grande, e ata falamos de que ÍAMOS SER cada unha
¿que íamos ser? ¿que somos?
cada unha nunha punta, falando de vez en cando, case perfectos descoñecidos
iso somos

un saúdo de vez en cando a alguén que a penas coñeces, que che costa recordar como era, ou coma era cando lle contabas a túa vida

"a miña habitación, se pode ser soleada e na parte de arriba, non me fagades madrugar que onte saín ata tarde, en canto ao que son, aínda non o sei, pronto volo direi. Graciñas."

que pena que tiveran razón os maiores. "Amigas sempre, jajaja, xa veredes dentro duns anos."

"!Xa Veredes

Xa!"

23.8.06

Post Musical :D


y hay un tequila por cada duda.

Chove en Santiago

Kalindra Xida

If things were to go wrong

porque resumen como ando estes días, mellor que calquera cousa que poida escribir

16.8.06


noite surrealista sabadiana, aventuras, pasarse de sete a sete en Vigo, voltar no barco ás oito e media da mañá falando de monos e intentar durmir de pé ou non caer co sono (dependendo do momento)
iso si, mereceu a pena, risas, moitas, cantar Amistades Peligrosas, es por ti que hay océanooo e demais
para ver aos máis grandes, aínda cando van sen ganas e o público lles berra "vas MOOOIII BORRACHOoooooo Deixa de Beberr!!!"
Simplemente, GRANDES



só hai ganas de cantar: "te quiero y todo es hermosoooooooo"
si aterriza el Columbia en el tejado de tu casaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa




11.8.06

9.8.06



"No relato que dá título ao libro entre o narrador e os oíntes crean o conto dunha nena de auga e bágoas de lume que coñece no río un príncipe de lume con bágoas de auga. Namóranse e marchan xuntos para formar unha nube branca de verán."

ollando ao ceo cada día para ver se a vida pode ser coma o conto
¿saben?
o malo dos contos é cando despois de observar cada día a solución aparece (cada vez máis) difícil

NON HAI DEREITO
queiman o país, quéimannos por dentro
e fan que as bágoas non sexan nin de auga nin de lume senón de tristeza e pena