Unha chamada, unha voz que xa non soa igual que hai anos, ¿coma pasa tan rápido o tempo e non nos decatamos?
estar aquí supón toparse días tras día con recordos do pasado
a voz do teléfono recórdame unha promesa que fixemos moito tempo atrás: "¿non te lembras? Prometimos vivir xuntas, nunha casa grande, e ata falamos de que ÍAMOS SER cada unha
¿que íamos ser? ¿que somos?
cada unha nunha punta, falando de vez en cando, case perfectos descoñecidos
iso somos
un saúdo de vez en cando a alguén que a penas coñeces, que che costa recordar como era, ou coma era cando lle contabas a túa vida
"a miña habitación, se pode ser soleada e na parte de arriba, non me fagades madrugar que onte saín ata tarde, en canto ao que son, aínda non o sei, pronto volo direi. Graciñas."
que pena que tiveran razón os maiores. "Amigas sempre, jajaja, xa veredes dentro duns anos."
"!Xa Veredes
Xa!"
4 Comments:
cando somos nenas todo parece moi fácil. pero quen permanece ao teu lado nmon é a xente de sempre por ser de sempre, senón quen te sabe comprender e te quere
Como dicia Machado e cantva Serrat, todo passa e todo queda, mas prevalece o realmente importante
A vida é así, perdemos a tantísimas persoas pero compensámolas coas novas que chegan. E certo que perdemos, ou nos perden, pero tamén quedan, poucas quizáis, pero de calidade, qué coño, que para algo che coñecín hai 13 anosss repoluda!!!
nada, nin caso dos maiores!!! a.p.s. (amigas para sempre!)
chuli! a ver cando actualizas xD
Enviar um comentário
<< Home