Escribir
Hoxe saíron os artigos, pequeniños pero emocionantes. Aquí cheira igual que cando era pequena e recordo a redacción case igual tamén. É moi raro realmente. De camiño ó barco está o curruncho máis precioso do mundo e a veces paro alí. Só por ver se cambiou algo. Vigo é demasiado vertical. Hai demasiadas cousas que non entendo desta cidade cando vou camiñando por ela. E quédanos escribir, para nós, para os demais, para quen sexa. Non o esquezades, porque iso vai ser algo que non nos vai arrebatart ningún redactor tolo que nos obrigue a cambiar o que pensamos, a nosa lingua ou o que sexa. Podemos camsarnos, desesperarnos, ver que fan falta 100 anos para que nos valoren un pouquiño. Pero non importa. Quédanos escribir. Sempre.
2 Comments:
quedaranos escribir, pero pra nós. e se algún día perdemos as ganas?
gracias polos ánimos, miña nena. non sabes canta falta me facía oirte!!!
sempre sempre. non creo que haxa maior ilusión na miña vida... xDD o arquitecto de vigo confundiuse porque quería que a cidade fixese o pino e saiulle torta xD
Enviar um comentário
<< Home