Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

1.4.06

Creo que vou facer coma ela
vou ir cortar o pelo
a ver que tal
é bastante raro estar aquí, é o que ten sentir que eres de moitos sitios á vez
(ó mesmo tempo que de ningún)
hoxe volvéronme despertar señoras de telefónica falandodeaveríaseberrando
(non tiven experiencias coma a do señor O'Xirarei)
menos mal por outra parte :D
tamén me chegan mensaxes de publicidade que nin leo nin descargo
ando de novo en standby
contenta por que a vin feliz e por estar de novo con ela e coas outras tres toliñas
contenta das noites de troula (que ultimamente son moitasdemasiadas), pola compañía nelas (inmellorable), porque a máis trompas lle axudara a un dos nosos camareros favoritos a limpar a barra do bar (mentres outra das nosas camareiras ¿favoritas? a mirara mal), porque apareceras cando xa estaba pechando ese sitio no que paso a vida, por compartir anécdotas, insultar aos que pasan e rirnos de todo (borrachaaa) na barra (sempre nas barras) co señor Bilirrubina, por pasar pola Raíña e estar un pouquiño con esa panda de tolos, por estar sentados derrotados con ESE PAR nas escaleiras de RUTA (o próximo día volto contigooo), por moitas cousas...
Tomei un bombón deses
A frase: O amigo certo coñécese no incerto
vós sodes amigos certos, tod@s, graciñas

2 Comments:

At 9:32 da tarde, Blogger oko said...

Eu tamén a vin feliz, e por iso só sentín media tristura cando a vin marchar de Términi.
Alédame saber que tamén vostede está contenta. Que volve recuperar o sorriso.
Xa lle direi o domingo que me parece o seu corte de pelo. Seguro que queda guapísima!!!

 
At 11:55 da tarde, Blogger Aultre Narai said...

jo.........................
eu tamén quería!!! (que mala é a envexa...)xD

 

Enviar um comentário

<< Home