Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

4.8.07

"a de filo"


topeina nunha pizzería e lembrei cando chegaba tarde as clases e ela esperaba por min para comezar a lección
de Descartes, de Platón do que fora
do pouco que lembro e do que me gustaba o que explicaba
das poucas clases que considerei proveitosas na miña vida
as dela
as que chegaba tarde
e, agora que a época de estudo acaba (máis ou menos)
lémbrome tamén do discurso que me deu (medio bronca) por non decidirme sobre o que quería estudar
sobre o futuro
do texto que me mandou ler de KANT
e sempre me lembro dese texto ao escoller unha cousa ou outra
ao mirar atrás non sei se escollín ben, mal
se as cousas poderían ser doutra forma
creo que xa o entendín, o que me explicaron hai catro, cinco anos
a valentía está en escoller, en que a veces estamos demasiado acostumbrados a que nos dirixan, a que decidan por nós
por iso non sei se realmente fixen ben en chegar tarde a esas clases