Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

12.6.07

L' Age Mur. Camille Claudel
Escultora. Apasionada. modelo e musa de Rodin. Encerrada nun psiquiátrico os últimos 30 anos da súa vida. Por querer tallar figuras
que cousa
en L' Age Mur represéntase a si mesma suplicándolle a Rodin, que tiña unha relación con outra muller, Rose Beuret, pola que deixa a Camille
Rose tira del e Camille suplica
Ata hoxe, coñecía de oídas a Rodin
da historia de Camille Claudel, a muller encerrada por querer adicarse a algo que estaba "mal visto", nin idea
oxalá algún día, nas escolas, ensinen a historia de VERDADE, sempre con maiúsculas
e de cor lila

5 Comments:

At 10:01 da tarde, Blogger sweet loretta said...

Estiven diante dela hai uns meses e non tiña nin idea da historia. Canto cambiaría a historia se a soubera!!!

 
At 9:52 da manhã, Blogger oko said...

é imposible contar ben a historia. a historia cóntana os gañadores, din. claudel foi unha perdedora

 
At 1:09 da tarde, Anonymous Anónimo said...

A historia non se pode contar obxectivamente, tal e como é, porque sempre a vemos dende unha óptica subxectiva, a nosa. O que teriamos que aprender é a ser honestos

 
At 4:12 da tarde, Anonymous Anónimo said...

ata agora só coñecía a rodin polo pensador. Xa me contarás a historia en persoa, pq ou non lin con paciencia ou liácheste, pq non entendo de todo xD
bikiños rula, vémonos prá semana

 
At 6:15 da tarde, Blogger paideleo said...

Curiosísima historia e triste.

 

Enviar um comentário

<< Home