Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

22.6.07

"O mundo divídese en dúas clases: os que van ao Café e os que non o frecuentan nunca. Son dúas mentalidades completamente distintas e contrapostas. E os que van ao Café, infinitamente superiores"
Georges Courteline, século XIX
roubei un azucarillo. por esta frase
e nunca deixar de ir ao Café

12.6.07

L' Age Mur. Camille Claudel
Escultora. Apasionada. modelo e musa de Rodin. Encerrada nun psiquiátrico os últimos 30 anos da súa vida. Por querer tallar figuras
que cousa
en L' Age Mur represéntase a si mesma suplicándolle a Rodin, que tiña unha relación con outra muller, Rose Beuret, pola que deixa a Camille
Rose tira del e Camille suplica
Ata hoxe, coñecía de oídas a Rodin
da historia de Camille Claudel, a muller encerrada por querer adicarse a algo que estaba "mal visto", nin idea
oxalá algún día, nas escolas, ensinen a historia de VERDADE, sempre con maiúsculas
e de cor lila

4.6.07

"o que queres sen que ninguén cho dea, o que das sen que ninguén o queira"
esa frase está por aquí, na parede e sempre a vexo, coma esa que está ao lado de Abastos "Todo es uno, uno es amor". Sempre a vexo sen querer.
¿canto tempo se tarda en facer un sitio dun?
¿e en desacostumbrarse de algo/alguén a quen queres?
e hoxe é día de toparse personajillos (nas máquinas do café)