O comezo do fin (suponse)
cren vostedes no destino? e en que o tempo pasa tan rápido que a veces nin te decatas? Un dos primeiros días de clase, unha persoa diferente a que escribe isto e a mesma á vez, tivo que escribir unhas definicións na parte de atrás dunha
clase na que non se collía da xente que había.Escribiunas e, ao acabar a clase, escapou correndo ata que chegou ao Obradoiro chorando. Sentía que aquilo non era o seu pero, decidiu que, dalgunha maneira, había que seguir, que lle gustaba demasiado coma para deixalo. E, dende esa houbo tristezas e alegrías e golpes duros e felicidade inmensa. E coñeceu a mellor tropa de amigos que calquera pode imaxinar. Cal é o momento xusto no que te decatas de que non poderías adicarte a ningunha outra cousa no mundo?
"creamos realidades", somos un pouco escritores, magos, poetas, o que sexa. Aprendemos e describimos ao mundo, a veces saénos ben, outras mal, a veces temos demasiada información, outras non sabemos de onde sacala
esa rapaza, da que falei máis arriba, quedou nese edificio blanco e agora ten un pé dentro e outro fóra, alegría por todo o vivido e, coma cantaba Manu, unha
infinita tristeza que espera pase pronto
un honor compartir estes catro anos con todos vós, compartiremos moitos momentos máis. Seguro