Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

19.1.07

Cousas

Dixéronche:
esta é a vista máis bonita da cidade
e "as persoas coma ti ou cámbiannas ou teñen que cambiar elas para adaptarse ao mundo"

Sigue sendo a vista máis fermosa da cidade, encántame pasear por alí
e non quero cambiar
(non de momento)
(non máis)

15.1.07

desesperarse
se é que é posible
esquecer (e lembrar)
e sorrir
outras
son días raros
e danme cuscús e cuídanme e escoitánme cando non fago máis que protestar
e só podo querelas

3.1.07

Bo Ano 2007

Todo o mellor para este ano novo, espero seguir contando con cada un de vostedes tanto coma ata agora (e con iso xa estou moimoi contenta :D)
tres regalos
un sorriso enormee
a canción máis fermosa do mundo (o único remedo que eu coñezo para a resaca)
e isto que acabo de descubrir no mundo fotolog e me fai moita gracia

de verdade
moitas cousas boas para todos
e, coma sempre, un pracer
:)