Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

20.9.06

É incrible o pouco que pintamos no orden de todo e como creemos que somos importantes
é incrible como se pode pasar o tempo preocupados por cousas que dentro de cinco anos nin nos han importar o máis mínimo, ímolas esquecer e o que hoxe nos parecía moi grave non vai ocupar ningún lugar na nosa memoria
é curioso como si que nos acordamos das cousas de verdade, das graves, das boas ou das que non son nada en apariencia
iso é o que lembramos anos despois, as paridas, as cousas que de verdade nos fixeron tristes ou felices, como cheira un sitio determinado ou unha despedida e unha bágoa que teimaba por saír, algodón de azucre nas festas ou un día que comezaches a rir e case estiveches a punto de afogar
os rollos que hai que aguantar e as rutinas as que moitas veces nos levamos (nos levan)pasan
e así e coma, no día a día, perdemos o realmente importante. Por preocuparnos de paridas
hai que buscar o auténtico, sempre, en todo o que fagamos
as cousas non van ser mellores despois de aprobar esa, de rematar as prácticas, de ir aquí ou alá
o importante está aquí, neste momento, neste café, neste paseo, nestas cañas, nesa conversa con alguén co que había tempo co que non falabas, neste intre, todo o importante pode estar pasando
e eu sigo coas paridas

3 Comments:

At 7:33 da tarde, Anonymous Anónimo said...

Amén :)

 
At 9:57 da tarde, Anonymous Anónimo said...

xenial coma sempre, que me deixas sen palabras!!! canta sinceridade, diosssss, como se nota que es unha tía auténtia e de p.m. en serio :)

non sexas tan esixente contigo mesma, todos temos momentos parvos deses... o importante é sabelo. vale?

un biquiño!

 
At 11:50 da manhã, Blogger oko said...

vamos a intentalo,a ver se sae ;)

 

Enviar um comentário

<< Home