Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

27.4.06

Di Madeleine que se a vida pasa sen que te des conta, pode que igual perdamos o importante, porque temos as prioridades equivocadas.
Penso
Onte falamos diso (entre outras moitas cousas) pola Quintana e arredores
:)
así que do vivido ultimamente propoño quedame...
coas diversas escenas surrealistas acontecidas sobre todo martes e mércores pola noite
cerrar o bar este (outraaaa vez)
(quedarnos soas cos donos cando xa están as contras botadas)
acabar cos petos cheos de pipas e cunha dor aguda no pé (a saber)
(e co número de móbil de alguén con que teño que quedar)
(porque nunca falamos sen estar trompas e coidamos que ía ser interesante coñecernos)
coas risas, sempre
con poñer Grandola, Vila Morena a tope en clase e que o comentario da profesora sexa: "agora tod@s en pé e a cantar"
cunha chamada dende alá e fotocopiar libros
con que uns chilenos nos canten cancións del na Quintana (xusto despois de que nos grabaran para un documental, ¿ei que opinades do botellón?...lamentable)
nas risas no autobús (e no mareo, bus de resaca Nunca Máis)
e pensar en voltar vervos ...(pronto pronto :P)


é mellor non pensar demasiado
en certo traballo que confirma a teoría dun profesor: igual si fai falta ser un experto para poder falar de algo
na chamada que pensei non ía recibir (non quero ir a práctico outra vez!!!)
en tódolos traballos que non fixen...
no cinismo, e no gilipollas que pode chegar a ser certa xente (e enfádame enfadarme por certas cousas, que nin sequera o merecen)(e iso que me enfado poucas veces...)

3 Comments:

At 8:11 da tarde, Blogger oko said...

eu propoño quedarme cunha noite culinaria, e mais cear salchichas na cociña, ou croquetas na sala con dúas tazas de xelado. ou comer no campito facendo fuxe, fuxe ás pombas, ou suspirar cada vez que miro a certos individuos, ou chamarte enferma por culpa de certo bar, ou facer apostas ridículas por matar o tempo do camiño a casa.
ti que dis?

 
At 1:16 da tarde, Blogger Caufield said...

jajajajaja que grandes momentos (e mira que nos aburrimos, véxanse as apostas!)por certo Lémbroche que vou GAÑANDo hehe (aínda que se p xoves fose o Embora terías un punto...:P)
eche o que ten...
:D
engado o momento en que lle tiraches un pau ás pombas
e cando falabamos do que faríamos con certo doctor televisivo
:P

 
At 3:32 da tarde, Blogger Madeleine said...

Pero a que iremos a Santiago, pregunto eu?¿ Si é que de todo o que fixo Caufield, o meramente académico é citado cunha frase certamente... desilusionante (que comparto, por outra banda) Viva a ociosidade da Universidade!!!!!

 

Enviar um comentário

<< Home