Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

9.4.06

Acábanme de mandar un mail cun chiste machista
(por cousas coma esa teño 300 e pico mails sen leer)
O señor cociñaba ovos en plan "é unha cousa que non fai nunca", entra a súa muller e empézalle "bota máis aceite, dálle a volta, blablabla". Cando a muller remataba de berrarlle, dicíalle "así sabes coma me sinto cando conduzco contigo"
Conclusión non demasiado soterrada: o que a muller sabe facer ben e freír ovos, o que sabe facer ben o home é conducir?
Conclusión que se me acaba de ocurrir: ¿se non sabes facer ningunha das cousas ben?
eemmmm, igual son eu que lle topo significados ocultos, non fagan caso, foi a sensación cando o lin
que moitas veces pasan mil cousas así diante nosa e poucas nos fixamos (a señora que lava a roupa "asusniñosqueseensucian", a que se enfada cando manchan o mantel, a que se avergonza cando non sei que maleducado di que un coitelo está sucio)
CAMBIO!PRECISAMOS CAMBIO!
coma din eles
e estou contenta que me deixaron unha boa crítica
E dixo un señoriño (M. Ruberck)
A felicidade não é uma estação de chegada, mas um modo de viajar
era un tipo listo

1 Comments:

At 10:23 da tarde, Blogger Madeleine said...

Si, queridiña, é que lle buscas docemilreviravoltasemedia a todo o que les, ves, ules (non falo de ti mesma nin dos antros que seguro visitas). Reláxese, o chiste é machista sen máis, superficial. Non perda o tempo lendo esas obviedades do descoñecemento... pfffff

 

Enviar um comentário

<< Home