Certamente nestas vacacións houbo un pouco de todo
Descubrín outro vinilo de Fausto na casa
(descubrín que Fausto é unha soa persoa, non un grupo :D)
volvín escoitar esa canción e recordei a coreografía que inventamos no Avante ( a parte de Folha seca cai ao chão) xD
Falamos de como as separacións doen menos que antes, porque sabemos que o tempo pasa rápido e as alegrías de volver toparse son tan GRANDES (que bos foron os momentos contigo, como te extrañaba pequena)
Repasamos outras coreografías e vellos éxitos, enchimos o heli (nós e outros dez)
case nos come unha señora (que volvía para a súa casa heineken en man) e pensaba que íamos poñernos a beber no seu portal ( a golpe de tres e pico da maña), eu non entendía ben que nos dicía e dixenlle, non non se preocupe, só levamos a bebida para casa que sobrou, ou algo así
vaia cena, que viño....(a miña falda está xa limpa :D)
cando iamos andando a altura da calleNoria volvín sentir esa sensación, de cando estás tan ben cun grupo de xente, que desexas que dure ese momento, só ese instante, no que alguén fixo unha broma tonta, outro riu e nonseiquemáis, podería estar sempre así, tamén hoxe contando historias sobre ronquidos e luces que non funcionan, comendo churrosconchocolateegofres, ou onte nos sofás botando unhas risas, polo menos Carri chamoume ordinaria 20 veces
temos que sacarnos esa foto para darlle ó guardia
:D
1 Comments:
Sempre é bo atoparse con vellos amigos!! Dígollo eu, que diso "pucho mazo, neno". Bikiños frioleiros.
Enviar um comentário
<< Home