Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

28.5.08

...


igual non son moi lista
non, non son demasiado lista
pero sei catro cousas
e sei o recorte que miramos, máis pequenas, de Cartier Bresson
e do instante decisivo
indo pola costa aquela que en Cangas lle chaman a m31

e como empecei a pensar
esto debe ser interesante
e o xornalismo despois
e o vivir para as fotos de ahora
así que xa non necesito consellos, sei o que é


querer a cámara, querer dar voltas
conseguir vivir do que a un lle gusta

e non pegar puñetazos polos cartos

26.5.08

23


gracias a todostodas polas felicitacións

cumplir anos ao voso lado lévase mellor ;)

prometo invitar a uns cacharros cando remate este agobio :D

24.5.08

chove, chove e chove




e cando para...
volve a chover
eu saco fotos, memorizo, esquezo, non fumo, como donuts, penso, choro, río, río a gargalladas, canto, paseo, saco fotos, cargo con libros, tomo cafés que saben mal, súbome a parte de arriba do bar para ver coma o camarero come patatillas, choro, pillo catarros, vou ao Avante, non vou ao avante (quedo fóra, quedo na casa)
boto de menos
canto, paseo, miro OT, como cuscus, como brecol, como bollería industrial, intento non volver fumar
bebo cubatas
escapo da política e de calquera dos seus efectos consecuencias
boto de menos
axúdame Amy


río, escapo, entendo que a vida é filosofía, cancións, v de vendetta, libros, pensamentos, arte, creación, creación

ou polo menos non aspirar a nada máis, que tristes son algunhas persoas e canta amargura gardan no interior
e calo
e saco fotos, dou un paseo, tomo menos cañas e máis empanadillas
e así pasa todo
sen que nos deamos conta

chove, chove e chove máis
e nin o windguru da melloría