Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

22.9.07

23


mil millóns de felicidades pequena
bótote de menos
sobre todo cantar La Sirenita e similares indo para o Maycar
e que todo teña sentido de repente
:)

20.9.07

cantar a voz en grito redemption song polos bares
e darme conta de que (polo menos esta vez e sen que teña por que servir coma precedente) doe máis quedar que marchar
bailarbailarbailar, coma mr. bojangles
e esquecer soñar con cintas e calquer preocupación permanente
só dar voltas (e facer que as cousas non existan)

19.9.07

prometo

deixar de utilizar o humor como táctica, técnica, instrumento
cando
-non sei que dicir
-algo me parece mal
-non sei coma encaixar algo
-e demais situacións (case todo o día, en fin)
prometo
algún día
neste momento é difícil

15.9.07

volver atrás dous anos ao mesmo tempo que se pón un pé no mesmo bar ao que levas indo .... días seguidos merece a pena
semana igual nas mañás, nas tardes e nas noites
e, non só por iso, marabillosa
no Porrón, solucionando o mundo e acabando co estómago e a voz ao mesmo tempo
pecha os ollos, canta El Mundo de Wayne e, aínda que sexa mentira (ou verdade, quen sabe), pensa que vai todo ben
e sinto a escapada a última hora!