Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

1.12.05

Sorrí, pero na súa cara hai demasiado cansancio. Logo colle a taza e bebe un sorbo "é só para probar". "Xa". Está preocupada e pouco fago para axudala, sei o que lle anda pola cabeza pero non sei como remediarllo. Doulle catro consellos, os de sempre e esprimo a miña pouca sabiduría, de bares, do pouco que creo que sei e do que debería saber da vida. Falamos de laranxas, de metades, "é un pouco triste". "Xa". Pero hai pouca xente que pense así, menos da que pensas. Ao final resulta que non avanzamos nada. "Xa". Vaise como chegou, coma chega sempre e penso que polo menos, un pouquiño, só un pouquiño, axudámonos un pouquiño.