Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

29.11.05

¿Por que rematar, por que empezar?

Ismael Serrano
Duermes
Patti Smith
Gloria
Porque xa nada é coma antes. Porque mentres loitaba contra a chuvia camiño dunhas clases horribles pensaba no teu "a chuvia non mata". E polo meu lado pasaba xente con paraugas de tódolos tipos. Porque hai quen aínda que non chova, leva sempre aberto o paraugas. E hai quen, aínda qu caia a mares, leváo só se lle apetece. Mentres unha parella cruza abrazada en San Francisco, tres nenos pasan desapercibidos e unha rapaza desayuna enriba dun mantel amarelo. Amarelo coma o Sol deses días. Amarelo coma os soles que pintamos na escola. E pensaba que seguro que andas lonxe, posiblemente con paraugas.
:(
Que as cousas cambiaron tanto. Que a xente a veces parece....¿que parece?
é mellor que te convenzas (dunha vez!!!!) de que es ti a rara, ti a que non encaixas e xa.
Os arcos da vella andan xa escasos

1 Comments:

At 8:06 da tarde, Blogger oko said...

o primeiro día, cando o coche de papá se achegaba a milladoiro, pensei o mesmo: vas ser ti a que non encaixas. aquel día non chovía, e sem embargo eu estaba disposta a levar o paraugas aberto durante nada menos que catro anos. un mes despois, ese mesmo paraugas apodrecía nun recuncho, esquencido. creme, non hai persoa que non atope nunca o seu lugar.
e ti cres que non encaixas...?

 

Enviar um comentário

<< Home