Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

23.12.06

Nadal


este debería ser un post sobre o peche pero non, non podo explicar o arrepío ao pasar hoxe pola mañá polas Orfas e a sensación de colocar o candado e tirar das portas con forza e saber que se acabou
polo demais
marabilloso
pola contra, despois do mal trago, hoxe fun cargada de bolsas, estiven empaquetando regaliños e en casa cheira a cheminea e puxen o mítico vinilo de cando eramos pequenos e cantabamos os villancicos
e (por fin) escoitei Simon & Garfunkel (outra vez)
e as cousas están máis ou menos ben aínda que algunhas vaian realmente mal
e a xente pola rúa sorrí (a veces) e as cousas non parecen tan malas (a veces)

20.12.06


...

días de encontros, días tristes e días que se salvan de ser tristes gracias aos encontros

9.12.06

a veces deixar cousas atrás
cousas nas que traballamos e nas que crimos, é difícil
pero toca

8.12.06

"Non podo crer que me condecoren. Eu cría que era necesario conducir tanques e gañar guerras."
8-12-1980
maldito día

6.12.06


Liv e Joaquin, hoxe estiven vendo a peli de Cuatro, dille a nai a el nun momento da película, hai 2 clases de amor: Os que están aí porque se deron as circunstancias apropiadas e os outros, os mellores. Nos que se quere sen saber por que.

e levo todo o día caendo co sono e quedando durmida a cachos pero non de todo e si, pode que botara (varias) lagrimillas vendo a peli, pero é por vivir con ela que sempre chora con tódalas películas :D
tamén rescatei unha canción e moitos recordos que pensei non ía volver tocar



elexir

a árbore das carreiras que está cando entras no Obradoiro

escoller e equivocarse porque esa é a base de escoller

o pouco/moito que me importan as cousas cando finxo que me importan (non) e se digo que non me importa algo é que non paro de pensar niso todo o día

a veces é así

e o que me costan as cousas a veces e é entón cando preciso dun empuxón, en forma de abrazo, de berro, de chamada

do que sexa

e entón sucede, e marco un número bastante esquecido que non parei de teclear en cabinas

só para ver que é da súa vida e que andan a facer ( e cando as podo volver ver)

espero que pronto, temos historias que contar