Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

29.4.06



E o Lérez está limpiño...

que ben

e Lores vaise bañar

EVÍTENSE COMPARACIÓNS

28.4.06

ODIO ETERNO PARA VOSTEDES

27.4.06

Di Madeleine que se a vida pasa sen que te des conta, pode que igual perdamos o importante, porque temos as prioridades equivocadas.
Penso
Onte falamos diso (entre outras moitas cousas) pola Quintana e arredores
:)
así que do vivido ultimamente propoño quedame...
coas diversas escenas surrealistas acontecidas sobre todo martes e mércores pola noite
cerrar o bar este (outraaaa vez)
(quedarnos soas cos donos cando xa están as contras botadas)
acabar cos petos cheos de pipas e cunha dor aguda no pé (a saber)
(e co número de móbil de alguén con que teño que quedar)
(porque nunca falamos sen estar trompas e coidamos que ía ser interesante coñecernos)
coas risas, sempre
con poñer Grandola, Vila Morena a tope en clase e que o comentario da profesora sexa: "agora tod@s en pé e a cantar"
cunha chamada dende alá e fotocopiar libros
con que uns chilenos nos canten cancións del na Quintana (xusto despois de que nos grabaran para un documental, ¿ei que opinades do botellón?...lamentable)
nas risas no autobús (e no mareo, bus de resaca Nunca Máis)
e pensar en voltar vervos ...(pronto pronto :P)


é mellor non pensar demasiado
en certo traballo que confirma a teoría dun profesor: igual si fai falta ser un experto para poder falar de algo
na chamada que pensei non ía recibir (non quero ir a práctico outra vez!!!)
en tódolos traballos que non fixen...
no cinismo, e no gilipollas que pode chegar a ser certa xente (e enfádame enfadarme por certas cousas, que nin sequera o merecen)(e iso que me enfado poucas veces...)

25.4.06

Moito que celebrar hoxe...

16.4.06

Certamente nestas vacacións houbo un pouco de todo
Descubrín outro vinilo de Fausto na casa
(descubrín que Fausto é unha soa persoa, non un grupo :D)
volvín escoitar esa canción e recordei a coreografía que inventamos no Avante ( a parte de Folha seca cai ao chão) xD
Falamos de como as separacións doen menos que antes, porque sabemos que o tempo pasa rápido e as alegrías de volver toparse son tan GRANDES (que bos foron os momentos contigo, como te extrañaba pequena)
Repasamos outras coreografías e vellos éxitos, enchimos o heli (nós e outros dez)
case nos come unha señora (que volvía para a súa casa heineken en man) e pensaba que íamos poñernos a beber no seu portal ( a golpe de tres e pico da maña), eu non entendía ben que nos dicía e dixenlle, non non se preocupe, só levamos a bebida para casa que sobrou, ou algo así
vaia cena, que viño....(a miña falda está xa limpa :D)
cando iamos andando a altura da calleNoria volvín sentir esa sensación, de cando estás tan ben cun grupo de xente, que desexas que dure ese momento, só ese instante, no que alguén fixo unha broma tonta, outro riu e nonseiquemáis, podería estar sempre así, tamén hoxe contando historias sobre ronquidos e luces que non funcionan, comendo churrosconchocolateegofres, ou onte nos sofás botando unhas risas, polo menos Carri chamoume ordinaria 20 veces
temos que sacarnos esa foto para darlle ó guardia
:D

9.4.06

Acábanme de mandar un mail cun chiste machista
(por cousas coma esa teño 300 e pico mails sen leer)
O señor cociñaba ovos en plan "é unha cousa que non fai nunca", entra a súa muller e empézalle "bota máis aceite, dálle a volta, blablabla". Cando a muller remataba de berrarlle, dicíalle "así sabes coma me sinto cando conduzco contigo"
Conclusión non demasiado soterrada: o que a muller sabe facer ben e freír ovos, o que sabe facer ben o home é conducir?
Conclusión que se me acaba de ocurrir: ¿se non sabes facer ningunha das cousas ben?
eemmmm, igual son eu que lle topo significados ocultos, non fagan caso, foi a sensación cando o lin
que moitas veces pasan mil cousas así diante nosa e poucas nos fixamos (a señora que lava a roupa "asusniñosqueseensucian", a que se enfada cando manchan o mantel, a que se avergonza cando non sei que maleducado di que un coitelo está sucio)
CAMBIO!PRECISAMOS CAMBIO!
coma din eles
e estou contenta que me deixaron unha boa crítica
E dixo un señoriño (M. Ruberck)
A felicidade não é uma estação de chegada, mas um modo de viajar
era un tipo listo

8.4.06

Y a mi me da que todo es de mentira...



GRANDES. Faltaban fieles...




5.4.06

Unha chamada, risas nunha cabina e a chuvia na cabeza pero
TODO É BRILLANTE!!!!!!!!!
ESTÁ DE VOLTA!!!!!!!!
e agora a cambiar a típica cenadeantesdesalir (croquetaspastapizzacervexa)
por outra
ando a facer caso dos consellos de certapersonaxa

4.4.06

ADICADA especialmente:
(que me viu a cabeza hoxe pola mañá)
a parte do final, fíxese ben


Outros terán carreiras brillantes, expedientes fabulosos e longas tardes de aburrimento sen saber a que adicar o seu tempo liibre (cando teñan catro horas perdidas irán "dar un paseo" a un centrocomercial)
Nós teremos para sempre a Lúa ríndose de nós na Quintana, tardes nas que parece non se fai nada, (ao mesmo tempo que se aprende tanto), teremos TODO e non teremos NADA, teremos a LIBERDADE E uns SOLDOSDEMERDA.
Pero a Lúa seguirá a rirse deles (máis) e de nós (sóaveces)

2.4.06

¡¡¡SILVIO!!!

1.4.06

SI pode valer para cambiar as cousas
¿por que non?
(eu tamén esperaba por ela e non chegaba, estaba en reunións)
odio as señoras maleducadas
máis orgullosa ca nunca
e cortei o pelo demasiado
Recomendación, aínda que non vin o final que estaba rallada (a película, eu tamén pero menos)

Creo que vou facer coma ela
vou ir cortar o pelo
a ver que tal
é bastante raro estar aquí, é o que ten sentir que eres de moitos sitios á vez
(ó mesmo tempo que de ningún)
hoxe volvéronme despertar señoras de telefónica falandodeaveríaseberrando
(non tiven experiencias coma a do señor O'Xirarei)
menos mal por outra parte :D
tamén me chegan mensaxes de publicidade que nin leo nin descargo
ando de novo en standby
contenta por que a vin feliz e por estar de novo con ela e coas outras tres toliñas
contenta das noites de troula (que ultimamente son moitasdemasiadas), pola compañía nelas (inmellorable), porque a máis trompas lle axudara a un dos nosos camareros favoritos a limpar a barra do bar (mentres outra das nosas camareiras ¿favoritas? a mirara mal), porque apareceras cando xa estaba pechando ese sitio no que paso a vida, por compartir anécdotas, insultar aos que pasan e rirnos de todo (borrachaaa) na barra (sempre nas barras) co señor Bilirrubina, por pasar pola Raíña e estar un pouquiño con esa panda de tolos, por estar sentados derrotados con ESE PAR nas escaleiras de RUTA (o próximo día volto contigooo), por moitas cousas...
Tomei un bombón deses
A frase: O amigo certo coñécese no incerto
vós sodes amigos certos, tod@s, graciñas