Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

24.2.06

Tanto teño aprendido...
e non sei
NADA
Dío ela coa súa voz marabillosa
o sentido das cousas está en bailar heyboysheygirls no Maycar mentre te das golpes coa cabeza contra o teito

19.2.06


Non fixo ningún Yesterday
pero si Octopus Garden

16.2.06


A veces fas cousas pensando só en ti. Despois pode que te sintas mal pero no momento non podías facer outra cousa, é certo, pode que che costara pouco, que fora insignificante pero sabías que un minuito máis nesa cidade e tolearías definitivamente. Aínda así non evitas ir no tren, pensando no que queda atrás, nas risas que ías botar ou na crema de orujo. Pero no momento, tivo que ser así.
Non está ben escapar sempre que pensas que as cousas van mal, xa o sabes. Ensináronche que hai que enfrentarse ao que doe, loitar ou algo así.
Pode, pero non podías. É o que ten.

14.2.06

10.2.06

Discutindo pola tarde na cafetería do campus sur con dúas filósofas...
Oigan,
¿QUE É O AMOR?

9.2.06

Hoxe soñei contigo. Outras falan de soños por aí.Eu soñei contigo. Outra vez. Voltabas, de repente, sen avisar e viñas darme un abrazo. Despois camiñabamos por algún sitio, por calquera sitio, coma tantas veces...contábasme historias, coma sempre e rías, tamén coma sempre. E eu era inmensamente feliz, e pensaba, "que non se vaia, que esté aquí sempre". Despertei, non estabas, nunca viñeras pero si que rimos. Moito.

6.2.06

Unha vez, nunha excursión, hai xa moito tempo, nun momento había que cruzar unha especie de regato pequeno. Na miña cabeza o regato fíxose un tremendo río, cheo de perigos e imposible de cruzar. Había algo que me bloqueaba o intentar pasar por alí. A ninguén máis lle pasaba. Así que non fun capaz de cruzalo e quedeime nun lado da orilla, con todos berrando no outro. Anos despois, topamos cun regatiño similar, cruzeino. Sen problemas. Pero sen esquecer o medo de antes. Agora, topei con outro, cousa imposible tamén, e esta vez tamén abandono, quedome sen cruzar, ao outro lado, mentres me berran que teño que intentalo, pero, farta e cansada e decidida a utilizar o transporte público para sempre, reafirmo o que xa proclamei o outro día: ABANDONO. Eso sí, graciñas, que sen vós tería sido peor.
E mentres, Simon & Garfunkel cantan "I´m a roooock...."

4.2.06

" la mejor vacuna contra la melancolía...."
os únicos filósofos que quedan
velaí

3.2.06

Final de Layla (outraaa vez)
realidade. Pessoa
Serrat. Canción infantil...para despertar a una paloma morena de tres primaveras (dende que me fun levo con ganas de escoitala). Fiesta
Minha Galera. Manu
Dor. Non na retina. :) Agradecemento polas preocupacións, as visitas que facilitaron a curación. Dor de espalda chunguísimo. Tranquilizantes deses. OIAIOI. Agora só quería facer uns apuntes sobre os estereotipos. Non é que me importe que me metades nunha lista. Non é por iso. O que me cansa (sempre me pasou) é o concepto de estereotipo, de modelo, e si, darme conta de que pode que eu tamén esté dentro dun (jipidelpalo, radical, ...). Non é que me crea especial nin moito menos por ser como son, só dicir que a miña maneira de ser non vai coa miña maneira de vestir. A ver, un estereotipo implica que se ves a unha tipa toda arreglada, vas na túa cabeza e adxudícala a unha determinada ideoloxía, maneira de pensar...e ata sabes se ten can ou no. Vale. Agora ben, se ves a misma tipa toda arrastrada, de repente ¡oh! xa non é unha facha capitalista, agora de repente é unha tipa superconcienciada que se ata os barrotes de calquera edificio no que se dé algún tipo de situación inxusta. ¿É así? Sempre falamos isto no meu piso, porque notamos, coma as miradas da xente son diferentes segundo como vaias vestid@. E iso non está ben. De acordo. Foi o que se fixo sempre. Pero é basura, é só unha norma máis das moitas que nos impoñen e aceptamos coma se foramos parv@s. Resulta que tal ou cual cousa é fea, pero ¡ah! de repente véndese en tódolos escaparates ¡oh! ser jipi está de moda, eso sí, váleche cada cousa nonseicantoseuros (e moitas veces nin sequera cousas bonitas, e moitas vces, nin sequera cousas que lle sirvan a polo menos unha parte importante da xente). Que ben. Que ben que xente que vai a Casas de Campo e cousas así leve uns pantalóns "arrastrados" que lle costaron 50 euros. Que ben. Ai, pero "solo para salir en el Avante, eh". Que triste, creo que estamos creando unha sociedade triste. Non vou dicir que eu estea por riba de nada diso, tampouco o creo. Pero polo menos intento loitar contra todo eso na medida do que podo, por eso me molestan os estereotipos. Unha cousa é o que se mostra, ir vestido, peinado (nonpeinado) ou o que se sexa é unha elección, non algo que se faga de cara os demais, nin para que se xuzque toda una persoa. En fin. Vivan as caras de asco d@s señor@s e d@s non tan señor@s no bus urbano.


Vinte no medio de Lisboa e pensei que poucas veces me topara con algo tan bonito. Nunca. Estabas aí, quieta, sen decir nada e non fun capaz nin de quitarche unha foto, porque salías movida. Quitárona por min. Menos mal. Que non podería recordar que pasei ao teu lado e que despois me quedaba sen recordos, preguntándome quen viviría na torre máis alta, na de película de medo das que só ves a veces.