Abril e Revoluçao

"Pero yo no quiero la comodidad. Yo quiero a Dios, quiero la poesía, quiero el verdadero riesgo, quiero la libertad, quiero la bondad. Quiero el pecado."

31.1.06

Son días extraños. Nos que nos dopamos a base de diversas chocolatinas e de cafeína en tódalas formas posibles. Días de quedarse durmidas no sofá vendo películas moooi extrañas que mercamos por dos euros nun videoclub no que os videos, vhs ou como lles queiran chamar, andan condeados a desaparecer. Fun buscar o pasaporte hoxe. Voume. A idea fíxome sorrir no medio da rúa ata que me decatei de que ía perder o bus...:( polo demais ben, as nenas marchan co que fico sozinha. Pouco máis. Moita sorte a todos.

25.1.06

Like a rolling stone (outraaa vez)
cena: tableta de chocolate (outra vez?)
Día raro. Decepción(de novo). Certeza (abandonar). Gran descubrimento. Risas. Responsabilidades. Escapar. Na Xeral, nun ordenador, pensando nas follas que cambian o chan de cor e en ir dormir a Quintana. No Medio Rural, e en menos mal que o paseante polo Obradoiro quitou o exame!

21.1.06

- So, what's this? A Taster's Choice moment between guys? This is really nice. You got a thing for swans? Is this like a fetish? Is it something , like, maybe we need to devote some time to?
- Thought about what you said to me the other day. About my painting.
- Ah
- Stayed up half the night thinkin' about it. Then something occurred to me. I fell int a deep, peaceful sleep and I haven't thought about you since. You know what occurred to me?
- No
- You're just a kid. You don't have the faintest idea of what you're talking about
- Why, thank you
- It's all right. You've never been out of Boston.
- Nope
- So, if I asked you about art, you'd probably give me the skinny on every art book ever written.Michelangelo. You know a lot about him: life's work, political aspirations, him and the Pope, sexual orientation, the whole works, right? but I bet you can't tell me what it smells like in the Sistine Chapel. You've never actually stood there and looked up that beautiful ceiling seen that. If I ask you about women, you'll probably get me a syllabus of your personal favourites. You may have even been laid a few times. But you can't tell me what it feels like to wake up next to a woman and feel truly happy. You are a tough kid. And I ask you about war, you'd probably, throw Shakespeare at me, right? "Once more into the breach, dear friends....". But you've never been near one: you've never held your best friend's head in your lap and watch him gasp his last breath looking to you for help. I ask you about love, you'll probably quote me a sonnet. But you've never looked at a woman and been totally vulnerable. Known someone that could level you with her eyes feeling like God put an angel on earth just for you who could rescue you from the depths of hell and you wouldn't know about what it's like to be her angel to have that love for her, be there forever, through anything through cancer. And you wouldn't know about sleeping sitting up in a hospital room for two monts holding her hand because the doctors could see in your eyes that the terms "visiting hours" don't apply to you. You don't know about real loss cos that only occurs when you love something more than you love yourself. I doubt you've ever dared to love anybody that much. I look at you, I don't see an intelligen, confident man.
I see a cocky, scared-shitless kid. But you're a genius, Will. No one denies that. No one could possibly understand the depths of you. But you presume to know everything about me, because you saw a painting of mine. You ripped my fucking life apart. You are an orphan, right? Do you think I know the first thing abut how hard your life has been, how you feel, who you are, because I read Oliver Twist? Does that encapsulate you? Personally, I don't give a shit about all that. Because you know what? I can't learn anything from you I can't read in some fucking book. Unless you want to talk about you, who you are. Then I am fascinated. I am in. But you don't want to do that do you, sport? You are terrrified of what you might say. Your move, chief.

16.1.06


Por unha parte non quero enfrentamentos, sempre fuxin deles coma algo a evitar, pero certos acontecementos recentes estanme comezando a superar e facendo aparecer a miña cara de Marín ( é decir, violenta xD). Non sei por que certa xente, a cal creo lle ensinei eu a linkear (sen saber pa que era nin pa que deixaba de ser) me agrega nun blog de certo ton dubidoso pero que sen dúbida está en contra do que moitos de nós representamos e do que moitos pensamos que son os blogs e os métodos e obxectivos que se poden seguir en eles. Por agora nada máis, só que non teño vinculación ningunha con eso, e que claro é moi fácil ser anónimos e poñer links doutra xente co seu nome ¿non é? Polo de pronto levo na facultade 5 minutos e xa me preguntaron dúas persoas por eso! ¿Que bonito non? En fin, que vos cunda.

13.1.06

¿Que fas cando non queres aceptar o que che impoñen? ¿Que fas se che produce medo un futuro de obligacións, de horarios, de normas e de "traxeselegantes"? ¿Que fas se te ves incapaz? ¿Cando tes mil cousas que facer e non te ves capaz de facer nin a primeira? ¿Cando te superan as circunstancias, cando te negas a aeptar cousas que para tod@s parecen evidentes mentres ti as negas para facer así que desaparezan? ¿Que fas? ¿A quen chamas? ¿Que fas exiliada no mar de pedra cando preferirías ver o outro, o teu, o da viliña a que tes ganas de voltar? ¿Que? Nada, non fas nada, andas dando voltas debaixo da chuva, eso si, esta vez mellor con paraugas, vas ver pelis sobre un tempo pasado pero non do todo arranxado e solucionas problemas de culpabilidade acudindo a ese "magnífico edificio" media hora antes da que deberías? Polo demais bailando medioska e botando catro risas as cousas parecen moito máis fáciles, é certo, así que a ver se se repite. Respirar, aprender dos que saben, meditar, pensar e, con sorte e se veñen as ganas, nadar. Sempre nadar. E patinar. E tomar leite chocolatado enriba dun muro mentres paso o tempo, blu, blu, bluuuu............................................

12.1.06


11.1.06



E dóeme a cabeza. E farteime xa. Supoño que todo ten un límite. Xa. Sorrís e comprendes aínda que falas dos setos. Coñécesme dende hai xa demasiado. Polo demais moi ben. Moi mal. Non me extraña, que ultimamente todos marchan, así que quedarei aquí. Coma sempre, mentres todos se van e volven contando historias de países nos que a cervexa vale (demasiado) barata. Ou pode que me canse do 5, de non desayunar, do 15, das mesmas caras, do mesmo de sempre pero un pouco cambiado, dos sorrisos gastados...do nonasumido...pode. E pode que un día, cando todos estén distraídos marche tamén. Pode. Xa é máis que unha idea vaga, xa é real coma o sabor a viño barato e as rifas que rompiches sen darte conta. Real coma os cans abandonados que corren pola Praza Roxa sen saber a onde. Coma o baño encharcado (outraaaaaaaaa vez). Eu, que non entendía por que marchaban e elas que loitan por entenderme. Eu tamén, porque non son capaz de durmir, porque o meu cuarto parece...xanonsesabe, e porque sen o flexo encendido o sono non aparece. Demasiadas preguntas, poucas respostas e dous días que voltaron estropealo todo, deixalo coma antes.
Que ahi que ir, que xa, que a tal hora, sisi, en fin, "claro tedes que acostumbrarvos", e ris. Moi ben.
"É impresionante o poder desta cidade para volver tola á xente."
"Xa"

6.1.06


Contenta, gran viaxe e inmellorable Lisboa. Agobiada. Enfadada e triste por non saber, por non querer saber e, total, aínda que quixera, non ía servir de nada. Que nada é coma nos contan. Nada. Farta das mesmas cancións deprimentes oídas ata que cansan e das que deberían animar e entristecen todavía máis.
Mentira. Todo é mentira. Vacío e poemas de Pessoa, historias sobre a revolución e demais, mentres durmes.
Inxusto. Mentres haxa neniños tocando o acordeón e turistas con cara de plástico/asco/...
E moitas cámaras


Non teño moitas palabras, así que quédome coa máis bonita que vai significar Lisboa. Para min. E para Sempre. Liberdade